Toy Story
Toy Story (en galego, Historia de xoguetes) é unha película de animación xerada por computadora de Pixar e Walt Disney Pictures. Estreouse nos Estados Unidos o 22 de novembro de 1995.
Toy Story | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Toy Story |
Director | John Lasseter William Reeves (dirección técnica) |
Produtor | Ralph Guggenheim Bonnie Arnold Ed Catmull Steve Jobs |
Guión | John Lasseter Pete Docter Andrew Stanton Joe Ranft Joss Whedon Andrew Stanton Joel Cohen Alec Sokolow |
Intérpretes | Tom Hanks Tim Allen Don Rickles Jim Varney Wallace Shawn John Ratzenberger Annie Potts John Morris Laurie Metcalf Erik von Detten |
Música | Randy Newman |
Montaxe | Robert Gordon Lee Unkrich |
Estudio | Pixar |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1995 |
Duración | 81 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $30 000 000 |
Recadación | $362–364 500 000 |
Filme seguinte | Toy Story 2 |
Na rede | |
https://www.pixar.com/feature-films/toy-story e https://www.disney.co.jp/fc/toystory.html | |
|
Foi a primeira longametraxe totalmente animada por computadora e o primeiro proxecto importante de Pixar no cine.
Sinopse
editarA familia de Andy mudarase de casa e os xoguetes fan unha reunión para afinar os últimos detalles da mudanza. Ó remate da reunión lembran que ese día é o aniversario de Andy, polo que a maioría dos xoguetes teñen medo de ser substituído por algún novo agasallo. Woody, o xoguete preferido de Andy, chama á calma e envía a un grupo de soldados verdes á festa de aniversario para que nomeen os regalos que reciba Andy. Cando acaban todos os agasallos e entre eles non hai ningún xoguete, a nai de Andy saca un agasallo que tiña escondido e pásallo ó fillo. Antes de que os soldados informen da identidade do regalo, os nenos soben ó cuarto de Andy correndo e os xoguetes volven ás súas posicións orixinais. O agasallo que recibiu Andy era un xoguete chamado Buzz Lightyear, unha figura de acción espacial baseada no protagonista dunha serie de televisión.
Co paso do tempo Buzz capta toda a atención de Andy e Woody sente envexa. Woody crea un plan para acabar con Buzz e que as cousas volvan a ser como eran, lanza a Buzz desde a fiestra do cuarto de Andy, pero os demais xoguetes descobren o que fixo. Andy vai coa súa familia a comer pizza e leva a Woody, xa que Buzz non estaba. Buzz, quen seguira o automóbil, ataca a Woody e os dous quedan abandonados nunha estación. Woody e Buzz chegan ó lugar onde Andy ía ir, pero son atopados por Sid, veciño de Andy. Sid é coñecido por torturar a xoguetes e entregalos ó seu can para que os morda. Os dous esquecen as súas diferenzas para poder escapar da casa de Sid.
É Nadal e os xoguetes están novamente atentos ós agasallos de Andy, entre os que se encontran unha muller con faciana de pataca e un cachorro.
Premios
editar- 1995
- LAFCA - Best Animation
- 1996
- Annie
- Best Animated Feature
- Best Individual Achievement: Animation
- Best Individual Achievement: Directing
- Best Individual Achievement: Music
- Best Individual Achievement: Producing
- Best Individual Achievement: Production Design
- Best Individual Achievement: Technical Achievement
- Best Individual Achievement: Writing
- ASCAP - Top Box Office Films
- CFCA - Best Original Score
- Golden Reel - Best Sound Editing - Animated Feature
- KCFCC - Best Animated Film
- PGA Golden Laurel - Special Award of Merit
- Universe Reader's Choice - Best Fantasy Film
- Young Artist
- Best Family Feature - Musical or Comedy
- Best Performance by a Young Actress - Voiceover Role
- Annie
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toy Story |