Trenton, Nova Jersey
Trenton é a capital do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América e ten unha poboación de 85.000 habitantes. A cidade é tamén a sede do goberno local do Condado de Mercer.
Trenton (en) | |||||
Epónimo | William Trent | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova Jersey | ||||
County of New Jersey (en) | Condado de Mercer (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 90.871 (2020) (4.276,45 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 28.581 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Trenton-Princeton, NJ Metropolitan Statistical Area (en) (Poboación:387.340) | ||||
Superficie | 21,249168 km² | ||||
Auga | 6,2145 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Rio Delaware (pt) | ||||
Altitude | 16 m | ||||
Comparte fronteira con | Ewing (pt) Morrisville (pt) Falls Township (en) Lawrence Township (en) Hamilton Township (en) Lower Makefield Township (en) | ||||
Creación | 1719 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Trenton, New Jersey (en) | Reed Gusciora (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08608, 08609, 08610, 08611, 08618, 08619, 08620, 08625, 08628, 08629, 08638, 08641, 08648 e 08650 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 609 | ||||
Sitio web | trentonnj.org |
En 1679, un grupo de colonos ingleses baixo a dirección de Mahlon Stacy formou unha colonia ao longo do río Delaware na colonia británica moza de Nova Jersey. O pobo adquiriu o nome de "Trent-towne" ou "Trenton" en 1719 para honrar a un dos seus líderes locais prominentes, William Trent.
O 26 de decembro de 1776, durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, Trenton foi o lugar no que se desenvolveu a Batalla de Trenton, unha das batallas máis importantes da guerra onde George Wáshington gañou unha vitoria decisiva. Logo da guerra, Trenton foi brevemente a capital nacional dos Estados Unidos durante dous meses en 1784. A cidade foi nomeada a capital estatal de Nova Jersey en 1790.
Durante o século XIX, a cidade creceu como centro de industria, comercio, e cultura. O primeiro partido profesional de baloncesto xogouse alí en 1896. Por desdicha, desde 1950 a cidade rexistrou un declive gradual de produtividade e importancia e un aumento da criminalidade e doutros problemas. Con todo, as zonas residenciais que rodean a cidade son actualmente algunhas das comunidades máis ricas da nación.