Tyrrell 007
Tyrrell | |
---|---|
Información | |
País | Reino Unido |
Fabricante | Tyrrell Racing Organisation |
Deseñador | Derek Gardner |
Produción | |
Predecesor | 006 |
Sucesor | P34 |
Longo | mm |
Largo | mm |
Alto | mm |
Peso | 625 kg mínimo (con auga, lubricante e piloto) |
Chasis | Monocasco de aluminio |
Suspensión | Frontal, dobre triángulo, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco Traseira, brazo dobre, brazos de radio, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco |
Motor | Ford-Cosworth DFV, 90° V8, motor central, montado lonxitudinalmente |
Potencia | 2.993 cm³ |
Transmisión | Hewland FG400, manual, 5 velocidades |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | 1974-1976: Goodyear 1976: Bridgestone 1977: Dunlop |
Debut | Gran Premio de España de 1974 |
Pilotos | |
Carreiras | 37 |
Gañadas | 3 |
Poles | 1 |
Voltas rápidas | 1 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Tyrrell 007 é un coche de Fórmula 1, deseñado polo xefe de deseñadores de Tyrrell, Derek Gardner, e usouse nas tempadas de Fórmula Un de 1974, 1975, 1976 e 1977.
Desenvolvemento
editarKen Tyrrell, propietario de Tyrrell Racing necesitou contratar dous novos pilotos para 1974 porque Jackie Stewart retirouse da competición a finais de 1973 e François Cevert morreu ao final da tempada de 1973 nos Estados Unidos. O equipo fichou a Jody Scheckter e Patrick Depailler. Nas tres primeiras carreiras de 1974, (Arxentina, Brasil e Suráfrica), Tyrrell Racing utilizou os anteriores chasis dos 005 e 006.
Historia nas carreiras
editarElf Team Tyrrell
editar1974
editarO Tyrrell 007 debutou no Gran Premio de España de 1974. Scheckter pilotou o 007 e terminou quinto, Depailler pilotou o 006 e o chasis do 005 xa non se utilizou.[1] No Gran Premio de Bélxica de 1974 xa correron os dous chasis 007. Ao comezo da carreira, Clay Regazzoni de Ferrari tomou o liderado por diante de Scheckter e o McLaren de Emerson Fittipaldi. Ao final da primeira volta Fittipaldi pasou a Scheckter para tomar o segundo lugar.[2] No Gran Premio de Suecia de 1974, Scheckter gañou a carreira e Depailler terminou segundo.[3] No Gran Premio dos Países Baixos de 1974 Scheckter terminou quinto e Depailler sexto.[4] No Gran Premio de Francia de 1974, Scheckter tomou o cuarto posto e Depailler terminou oitavo co chasis 006.[5] No Gran Premio do Reino Unido de 1974 Scheckter tomou a dianteira e gañou a carreira, un fallo no motor deixou a Depailler fóra da carreira.[6] No Gran Premio de Alemaña de 1974, Depailler tivo un accidente causado pola rotura da suspensión.[7] No Gran Premio de Austria de 1974 Depailler retirouse logo dun accidente.[8] Peterson cruzou a liña menos dun segundo por diante de Fittipaldi logo de 12 voltas batallando en Italia. Scheckter terminou terceiro e Depailler terminou undécimo.[9]
O equipo de Tyrrell anotou 52 puntos no Campionato Mundial, catro puntos foron anotados polo 005 e o 007 anotou 48 puntos, logrando o terceiro lugar no campionato do mundo de construtores de Fórmula 1.
1975
editarO equipo de Tyrrell anotou vinte e cinco puntos no Campionato Mundial, obtendo o quinto lugar na clasificación do Campionato de Construtores.
1976
editarO equipo de Tyrrell anotou 71 puntos do Campionato Mundial, 13 puntos foron anotados polo 007 e o Tyrrell P34 anotou 58 puntos, acadando o terceiro lugar na clasificación do Campionato de Construtores.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados fóra do campionato
editar(clave) (resultados en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipos | Motores | Pneum. | Pilotos | 1 | 2 | 3 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Elf Team Tyrrell | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ROC | INT | SUI | |
Jody Scheckter | Ret | ||||||
Patrick Depailler | 5 | 2 | |||||
1976 | Elf Team Tyrrell | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ROC | INT | ||
Jody Scheckter | 3 | Ret |
Notas
editar- ↑ "Grand Prix results, Spanish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Belgian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Swedish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Dutch GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, German GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Austrian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Italian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ En 1974 lograron 4 puntos usando o Tyrrell 005.
- ↑ En 1976 lograron 58 puntos usando o Tyrrell P34.
- ↑ En 1977 lograron todos puntos usando o Tyrrell P34.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. pp. 121, 190, 201, 225, 287, 334, 337, 374 and 414. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tyrrell 007 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |