Unión Liberal (1858)
A Unión Liberal foi un partido político español fundado en 1858 por Leopoldo O'Donnell coa intención de aglutinar en torno ó mesmo ós moderados non absolutistas e ós progresistas menos exaltados nun intento de ocupar o centro político da época, durante o reinado de Sabela II de España.
Unión Liberal | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Liberalismo e monarquismo |
Data de fundación | 1858 |
Data de disolución | 1874 |
Fundador(es) | Leopoldo O'Donnell |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarEn novembro de 1858 constitúese oficialmente o partido, nun acto do teatro Novedades de Madrid,[1] aínda que en decembro de 1854, Cánovas del Castillo pronunciou un discurso nas Cortes Constituíntes no que algúns historiadores ven anunciado o proxecto e incluso o nome da futura Unión Liberal.[2] Polas súas características, que só se poden deducir da acción política cotiá, non era un partido de ideais, senón pragmático, que tiña por principios básicos conservar a monarquía como forma de goberno, pero alonxándoa das tentacións absolutistas, reformarndo a administración pública nun sentido centralista e ofrecendo certo grao de multipartidismo ós Moderados e Progesistas. Ademais, pretendía a reforma da lei de prensa -que non chegou a realizar- e o manteñemento dunha política económica de fortes investimentos públicos.
Tralas eleccións a Cortes do 20 de setembro de 1858, a Unión Liberal ocupou a maioría dos escanos, o que lle permitiu manterse no poder ata a revolución de 1868 e a chegada do Sexenio Democrático.
A Unión Liberal agrupábase en torno á personalidade de O'Donnell e á man férrea do seu Ministro de Gobernación, José Posada Herrera. Ó mesmo perteneceron tamén figuras como Eduardo Gasset Artime, Francisco Serrano Domínguez, Juan Manuel de Manzanedo, Juan Prim, Manuel Silvela ou Antonio Cánovas del Castillo. A orixe social dos seus membros era moi dispar: nobres, avogados, empresarios, comerciantes, banqueiros, militares e funcionarios. Para manter o control da opinión pública, a Unión Liberal sotíñase en xornais como La Época, El Diario Español e La Correspondencia de España.
Notas
editar- ↑ "19.15.5. La Unión Liberal." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ Fuentes, Juan Francisco (2007). El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Gallego, Francesc: Conservar progresando: la Unión Liberal (1856-1868). Valencia, 2001. ISBN 84-95484-11-0