Universidade de Granada

A Universidade de Granada (UGR) é unha universidade pública española con sede en Granada e con campus nas cidades de Granada, Ceuta e Melilla, o que a converte na única universidade europea con dous campus en África. É a cuarta universidade de España por número de alumnos, membro do Grupo Coimbra e Campus de Excelencia Internacional.[1]

Universidade de Granada
Datos xerais
LocalizaciónSede principal: Granada
Outras sedes: Melilla e Ceuta
Datos actuais
ReitorPilar Aranda Ramírez
Alumnos68 995
Datos de contacto
EnderezoHospital Real
Cuesta del Hospicio, s/n Granada, España
Páxina webwww.ugr.es
Facebook: universidadgranada Twitter: canalugr BNE: XX131303 Dialnet: 819043 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Granada é herdeira da Madraza do último Reino Nazarí e foi fundada oficialmente en 1531 por Carlos I de España. Por tanto, ten case cincocentos anos de historia e é considerada por iso como unha das universidades históricas de España.[2]

A Universidade de Granada sitúase entre o dez primeiras de España e desde hai varios anos ocupa o primeiro posto nos estudos de tradución e interpretación, sendo a primeira universidade española en impartir lingua dinamarquesa.[3][4][5][6] A nivel mundial, é unha das cincuenta mellores universidades en enxeñaría informática e unha das cen primeiras en matemáticas.[7]

Recibe cada ano máis de 2000 alumnos procedentes do programa Erasmus, o que a converte no primeiro destino europeo dentro deste programa de mobilidade.[8] Ademais, foi elixida a mellor universidade de España polos estudantes internacionais.[9]

Historia

editar
 
Facultade de Dereito de Granada, na praza da Universidade.

Antecedentes

editar

A universidade na cidade de Granada atopa as súas raíces no século XIV, máis concretamente en 1349, cando o rei Iusuf I creou a Madraza de Granada. Este sultán tamén construíu o Palacio de Comares e a Porta da Explanada na Alhambra, sendo unha das universidades máis antigas do mundo. A Madraza manteríase en funcionamento até 1499, ano no cal o cardeal Cisneros, incumprindo as capitulacións que asinaran Isabel e Fernando, reis de Castela e Aragón, asáltaa e destrúea. Como consecuencia deste asalto a Biblioteca da Madraza foi queimada na praza Bib-Rambla. Esta queima foi unha das máis grandes que se produciron en Europa, xa que a cultura granadina tiña un amplo comercio do libro e tamén unha alta produción editorial. Cisneros aproveitou esta situación para queimar máis bibliotecas, tentando acabar coa cultura nazarí, forzando a conversión. O edificio, unha vez a universidade desaparecera, foi doado por Fernando de Aragón como sede do Concello de Granada.

Fundación

editar
 
Carlos I de España, fundador da Universidade

A situación de gran tensión e espolio cultural provocada por Cisneros verase diminuída co emperador Carlos I de España (V de Alemaña), quen en 1526, durante unha visita á cidade de Granada, decide dotala de novo dunha universidade. Deste xeito, súa foi a iniciativa de fundar o Colexio Imperial de San Miguel de Granada en 1531, mediante unha bula do papa Clemente VII, dando lugar así ao que hoxe coñecemos como a Universidade de Granada.[10]

Granada e a Universidade

editar

Hoxe en día Granada é a cidade coa maior afluencia universitaria do sur de España, converténdoa nunha das capitais universitarias por excelencia. Granada é unha cidade feita por e para os universitarios, famosa pola súa vida nocturna e ambiente estudantil, ademais de ofrecer un dos aloxamentos para universitarios máis baratos do país.[11] Recentemente foi elixida como mellor cidade universitaria de España.[12] Deste xeito, as esperanzas de futuro da cidade pasan polos beneficios económicos e sociais vinculados á Universidade, a cal representa a empresa principal da provincia.[13]

A Universidade tamén supuxo un enriquecemento cultural da cidade, non só pola gran cantidade de alumnos estranxeiros que atrae (é o primeiro destino Erasmus) senón tamén pola súa política de recuperación de edificios de valor histórico, como son o edificio da Madraza, o Hospital Real (actual sede do Reitorado) ou as facultades de Dereito, Medicina e Tradución e Interpretación.[14] Ademais, a universidade permitiu un auxe no ámbito do I+D+i, dotando á cidade de modernas instalacións para tal propósito. Un exemplo diso é o Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde.

Nos últimos anos, a UGR foi escalando importantes postos nas clasificacións de universidades até converterse nunha das mellores do mundo en campos como a informática, as matemáticas e a enxeñaría.[15]

Algúns datos actuais da Universidade de Granada:[14]

  • Alumnos de grao e posgrao: 59 438
  • Profesores: 3 487
  • Persoal de servizos: 2 198
  • Titulacións: 71
  • Centros docentes: 27
  • Departamentos: 123
  • Títulos de mestrado oficial: 121
  • Doutoramentos: 28

A Universidade de Granada é tamén a institución académica coa velocidade de rede máis rápida do mundo, até 160 Xigabits por segundo (Gbps), sen contar coa velocidade que prové a RedIRIS, a rede académica española integrada na europea rede GÈANT.[16]

Facultades e escolas

editar
 
Facultade de Ciencias de Granada, na avenida Fuentenueva.
 
Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos de Granada, nos Paseíllos Universitarios.
 
Escola Técnica Superior de Enxeñarías Informática e de Telecomunicación de Granada, na rúa Periodista Daniel Saucedo Aranda.
 
Edificio da antiga Facultade de Medicina de Granada, na avenida de Madrid esquina coa rúa Doctor Guirao Gea.
 
Facultade de Tradución e Interpretación de Granada, na rúa Puentezuelas.
 
Facultade de Filosofía e Letras de Granada, na rúa Eras de Cristo.

Os centros docentes (facultades e escolas) atópanse repartidos en sete campus universitarios: cinco na cidade de Granada (Centro, Cartuja, Fuentenueva, Aynadamar e Ciencias da Saúde), un en Ceuta e outro en Melilla.

Campus Centro

editar

Trátase dun campus urbano, cuxos centros se atopan repartidos por diferentes puntos do centro da cidade de Granada. Neste campus localízanse as seguintes facultades:

Campus de Cartuja

editar

Ten o seu acceso polo Paseo de Cartuja. Os seus centros docentes distribúense nas inmediacións do antigo mosteiro da Asunción, máis coñecido como a Cartuxa de Granada, e son:

Campus de Fuentenueva

editar

Sitúase na rúa Doctor Severo Ochoa, preto da Estación de trens de Granada, tendo acceso tamén polo Camino de Ronda, a través da rúa Gonzalo Gallas. Os centros que o compoñen son:

Tamén se localizan no Campus de Fuentenueva centros de investigación científica, así como instalacións deportivas e de lecer. É atravesado polo coñecido Parque Universitario de Fuentenueva, que comunica en liña recta o Camiño de Rolda co centro da cidade. O Campus de Fuentenueva aloxa unha das paradas do Metro de Granada.

Campus de Aynadamar

editar

Sitúase no barrio do Cerrillo de Maracena e nel atópanse:

Campus Ciencias da Saúde

editar

Está integrado no Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde, un complexo situado nos arredores da capital granadina.[17] Trátase dun innovador espazo tecnolóxico especializado na investigación e desenvolvemento de industrias farmacéuticas, biosanitarias e agro-alimentarias, contando, en 2016, con máis de doce centros de investigación operativos e case un centenar de empresas e institucións.[17][18]

Actualmente sitúanse neste campus a Facultade de Ciencias da Saúde e a Facultade de Medicina aínda que se procederá proximamente ao traslado a este campus das facultades de Farmacia e Odontoloxía.[19][20]

O Campus Ciencias da Saúde conta con novos centros de docencia, investigación e de prácticas, entre eles o novo Hospital Universitario de San Cecilio. Está conectado ao centro de Granada tanto por autobús como por metro, mediante a Liña 1 do Metro de Granada.

Campus de Ceuta

editar

Campus de Melilla

editar
  • Facultade de Educación e Humanidades de Melilla
  • Facultade de Enfermaría de Melilla
  • Facultade de Ciencias Sociais de Melilla

Centros adscritos

editar
  • Escola Universitaria de Profesorado de E.G.B. "A Inmaculada"

Escola Internacional de Posgrao

editar

É o centro encargado de xestionar e coordinar todos os ensinos de Posgrao, incluíndo os programas internacionais, que están conformadas por:[21]

Os programas de doutoramento están coordinados polas seguintes escolas:[22]

  • Escola de Doutoramento de Ciencias, Tecnoloxías e Enxeñarías
  • Escola de Doutoramento de Ciencias da Saúde
  • Escola de Doutoramento de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas

Servizo de Comedores e aloxamento

editar

Entre os servizos que ofrece a Universidade de Granada á comunidade universitaria destaca o Servizo de Comedores Universitarios, famosos entre os estudantes por ofrecer menús saudables a baixo prezo (3.5€).[23] O Servizo de Comedores tamén conta co servizo para levar e ten sedes en cada un dos campus universitarios.[23]

Ademais, a universidade conta cunha ampla rede de aloxamento baseado en colexios maiores, que contan con máis de cincuenta anos de historia, e residencias universitarias.[24][25]

  1. "Estadística de la Enseñanza Universitaria en España. Curso 2010/2011" (PDF). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  2. "Propuestas para la reforma de la Universidad Española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de abril de 2016. 
  3. "LAS 50 CARRERAS. DÓNDE ESTUDIAR LAS MÁS DEMANDADAS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xullo de 2012. Consultado o 07 de abril de 2016. 
  4. "Rankings de las universidades españolas". www.u-ranking.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2018. Consultado o 2019-02-25. 
  5. "Las 50 carreras" (PDF) (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  6. "Facultad de Traducción e Interpretación > ¿Quieres estudiar danés? A partir del curso 2014-2015 será posible estudiar danés en la UGR.". fti.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  7. "La UGR escala cien posiciones en el ranking de Shanghai en una década". Granada Hoy (en castelán). 2014-08-16. Consultado o 2019-02-25. 
  8. "The Erasmus Programme 2010/2011" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2013. Consultado o 07 de abril de 2016. 
  9. "La Universidad de Granada, la mejor de España por los estudiantes internacionales". www.europapress.es. 2014-01-10. Consultado o 2019-02-25. 
  10. Historia de la UGR.
  11. "Madrid es la ciudad con el alojamiento para universitarios más caro". Noticias Universia España (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 2019-02-25. 
  12. "Granada, elegida mejor ciudad universitaria de España por los usuarios de antena3.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 07 de abril de 2016. 
  13. "Estudio del impacto económico de la Universidad de Granada en su entorno" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  14. 14,0 14,1 "Granada y la Universidad". www.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  15. "La UGR escala cien posiciones en el ranking de Shanghai en una década". Granada Hoy (en castelán). 2014-08-16. Consultado o 2019-02-25. 
  16. "Secretaría General > La Universidad de Granada se convierte en la institución académica con la velocidad de red más rápida del mundo". secretariageneral.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  17. 17,0 17,1 "Quienes somos  Parque Tecnológico de la Salud". www.ptsgranada.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 2019-02-25. 
  18. "Infraestructuras  Parque Tecnológico de la Salud". www.ptsgranada.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 2019-02-25. 
  19. "La UGR estudia trasladar Trabajo Social al antiguo edificio de Ciencias de la Salud". Ideal (en castelán). 2014-04-03. Consultado o 2019-02-25. 
  20. "Docencia  Parque Tecnológico de la Salud". www.ptsgranada.com. Consultado o 2019-02-25. 
  21. "Escuela de Posgrado > Presentación". escuelaposgrado.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  22. "Escuela de Posgrado > Organigrama de la Escuela Internacional de Posgrado · Universidad de Granada". escuelaposgrado.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  23. 23,0 23,1 "Comedores Universitarios de Granada". scu.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  24. "Colegios Mayores". www.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 
  25. "Residencias Universitarias". www.ugr.es. Consultado o 2019-02-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
INTERN 7
todo 2