Universidade de Massachusetts
A Universidade de Massachusetts é un sistema universitario público dos Estados Unidos con cinco campus e un único sistema público de investigación,[3] na Commonwealth de Massachusetts.
Universidade de Massachusetts University of Massachusetts | |
---|---|
Logotipo da Universidade de Massachusetts | |
Datos xerais | |
Localización | Boston, Estados Unidos |
Fundación | 1863 (Campus de Amherst) 1964 (Sistema universitario) |
Datos actuais | |
Alumnos | 75 065 (2019) [1] |
Orzamento | 3,4 billóns de $ (2019) [2] |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.massachusetts.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sistema universitario
editarO sistema universitario inclúe cinco campus (Amherst, Boston, Dartmouth, Lowell e unha Escola de Medicina en Worcester), un campus satélite en Springfield.[4][5] Conta tamén con 25 campus en California e Washington, D.C. confomado a Universidade de Massachusetts Global. Nos seus campus estudaban en 2019, 75 065 alumnos.[1]
A administración do sistema está en Boston e Shrewsbury,[6] e está acreditada pola Asociación de Escolas e Facultades de Nova Inglaterra.
Algúns datos
editarO sistema universitario inclúe cinco universidades:
- Universidade de Massachusetts Amherst, tamén coñecida como Massachusetts, UMass, ou UMass Amherst.
- Universidade de Massachusetts Lowell, tamén coñecida como UMass Lowell'.
- Universidade de Massachusetts Dartmouth, tamén coñecida como UMass Dartmouth, UMassD, ou UMD.
- Universidade de Massachusetts Boston.
- Escola Médica da Universidade de Massachusetts.
Conta cun alumnado global de máis de 75 000 estudantes.[7]
Segundo a clasificación académica de universidades do THE, en 2010 foi catalogada como a 56ª mellor universidade do mundo.[8] Tamén foi catalogada como a 19ª mellor universidade do mundo na clasificación de reputación mundial do xornal The Times no ano 2011.
En 2012, o estado de Massachusetts achegou 607 millóns de dólares para favorecer a posta en marcha de proxectos de educación e investigación de alto nivel a través do Sistema de universidades públicas de Massachusetts.[9][10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Quick Facts. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "Annual Budget" (PDF). Arquivado do orixinal o 14 de novembro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "University of Massachusetts". Times Higher Education World University Rankings. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "UMass Opens Springfield Center Campus Office". WAMC/Northeast Public Radio. Consultado o 15 de outubro de 2022
- ↑ "UMass' Springfield center holds opening ceremony". boston.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "University of Massachusetts Office of the President", Consultado o 15 de outubro de 2022,
- ↑ Lederman, D. (2012): «University of Massachusetts reports record number of students -nearly 71,000 - across 5 campus system». MassLive.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «University of Massachusetts rated one of the best universities in the world». Massachusetts.edu. 29 de novembro de 2011. Arquivado desde o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «Patrick announces $607M in new funding for UMass system». Heraldnews.com. 2 de outubro de 2012. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «As UMass celebrates 150th anniversary, $607 million invested in UMass System». Goberno de Massachusetts. 2 de outubro de 2012. Arquivado desde o orixinal o 8 de outubro de 2013. Consultado o 15 de outubri de 2022.