Valentín Arias
Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 21 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011[1], foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1934 A Vilerma, España |
Morte | 25 de marzo de 2011 (76 anos) Sarria, España |
Formación profesional | Maxisterio |
Actividade | |
Ocupación | Escritor, tradutor, ensaísta |
Xénero artístico | Ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Amparo Castaño López |
Fillos | Xela, Juan Carlos, Marcos, Sabela e Lois |
Premios | |
Traxectoria
editarDiplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Moledo (Sárdoma, Vigo). Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da Editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.
En 2008, a entón Consellería de Cultura e Deporte homenaxeou a Valentín Arias co gallo do Día Internacional da Tradución, celebrado o 30 de setembro daquel ano. Recoñecía e premiaba deste xeito o traballo desenvolvido durante anos [2].
Obra
editarEnsaio
editar- A lingua galega na escola, 1969, Galaxia.
- Lecturas galegas, 1972.
- A escola rural en Galicia, 1975.
- Lois e Sabela, 1983.
- Catro nenos, 1984.
- En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia.
- Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia.
- Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia.
- Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio.
- Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.
Traducións
editar- A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut Heine, 1980, Xerais.
- Lendas islandesas, de Skúli Gislason, 1982, Xerais, con J. A. Fernández Romero.
- A volta ó mundo en oitenta días, de Jules Verne, 1983, Xerais.
- Diego Xelmírez, de Gordon Biggs, 1983, Xerais.
- Obxectivo: a lúa, de Hergé, 1983, Juventud.
- O abeto, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
- Carapuchiña vermella, de Charles Perrault, 1984, Xerais.
- Cincenta, de Charles Perrault, 1984, Xerais.
- Hänsel e Gretel, dos irmáns Grimm, 1984, Xerais.
- A muller silveira: conto noruego, 1984, Xerais.
- O paxaro do engano, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
- O pescador e a súa muller, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
- O príncipe Ring: conto islandés, 1984, Xerais.
- O soldadiño de Chumbo, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
- Xacobo e o feixó: conto inglés, 1984, Xerais.
- A Bela e a Besta, segundo Madame de Villeneuve, 1985, Xerais.
- A pastora dos gansos, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais.
- A raiña das abellas, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais.
- Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne, 1985, Xerais.
- Contos ó telefono, de Gianni Rodari, 1986, Juventud.
- Nevebranca e Rosavermella, dos irmáns Grimm, 1986, Xerais.
- A raiña das neves, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais.
- Raponcia, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais.
- Mondo e outras historias, de Jean-Marie Gustave Le Clézio, 1987, reeditado en 2008, Xerais, con Raquel Villanueva.
- Da terra á lúa, de Jules Verne, 1988, Cumio[3].
- Os Reis Magos, de Michel Tournier, 1988, Xerais.
- O urogalo, de Michel Tournier, 1988, Xerais.
- O cetro de Ottokar, de Hergé, 1989, Juventud.
- O enxeñoso rato e o axóuxere de lata, de Elisa Ramón, 1989, Ángulo.
- Os galeóns de Rande, de Robert Sténuit, 1989, Xerais.
- As 7 bolas de cristal, de Hergé, 1989, Juventud.
- Voo de noite, de Antoine de Saint-Exupéry, 1989, Xerais.
- O xardín, de Marguerite Duras, 1989, Xerais.
- Chamábase Jan, de Irina Korschunow, 1990, Xuvenil Alfaguara.
- O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, con Xela Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín, 1990, Xuntanza.
- Na Roma de Augusto: o fundador do Imperio, de Fiona Macdonald, 1990, Xerais.
- No Exipto de Ramsés II : o gran faraón, de Jacqueline Morley, 1990, Xerais.
- Oposicións a bruxa e outros contos, de José Antonio del Cañizo, 1990, Anaya.
- A orella rota, de Hergé, 1990, Juventud.
- O silencio do mar e outras narracions, de Vercors, 1990, Edicións do Cumio.
- O estranxeiro, de Albert Camus, 1991, Edicións do Cumio.
- O quinto real, de Scott O'Dell, 1991, Edicións S. M.
- Tintín no Congo, de Hergé, 1991, Juventud.
- Marcelino pan e viño, de José María Sánchez Silva, 1993, Xunta de Galicia.
- O conto da serea, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud.
- O hostal dos deuses amables, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud.
- Contos á máquina, de Gianni Rodari, 1995, Juventud.
- Trobadores e xograres: contexto histórico, de António Resende de Oliveira, 1995, Xerais.
- A fractura do miocardio, Jacques Fansten, 1996, Xerais.
- Un espía chamado Sara, de Bernardo Atxaga, 1998, Edicións S. M.
- Lombroso e os anarquistas, de Ricardo Mella, 1999, Xerais.
- O sobriño de Rameau, de Diderot, 2001, BIVIR.[4]
- A pantasma de Canterville, de Oscar Wilde, 2008, Almadraba.
- Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 2008, Almadraba.
Edicións
editar- Pé das Burgas, de Francisco Álvarez de Nóvoa, 1988, Xerais.
Obras colectivas
editar- Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo.
- Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos.
- Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.
Traducións colectivas
editar- O enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes Saavedra, 1990, Xuntanza Editorial. En colaboración.
- O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, 2009, Salvat. Tradución con Xavier Senín e Isabel Soto.
Notas
editar- ↑ "Falece o escritor e tradutor Valentín Arias" Arquivado 05 de maio de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 25 de marzo de 2011.
- ↑ "Galicia rende homenaxe a Valentín Arias no Día da Tradución", en La Voz de Galicia 1.10.2008.
- ↑ Ficha do libro na Rede de Bibliotecas de Galicia.
- ↑ Obra en aberto (PDF) no catálofo de BIVIR.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentín Arias |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 69–70.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 42. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 35–36. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 60–61. ISBN 84-8288-019-5.