Veronica Guerin
Veronica Guerin, nada en Dublín o 5 de xullo de 1958 e finada en Dublín o 26 de xuño de 1996, foi unha xornalista irlandesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1959 Dublín, Irlanda |
Morte | 26 de xuño de 1996 (36 anos) M7 motorway, Irlanda (en) |
Causa da morte | homicidio |
Educación | Trinity College Dublín |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo |
Ocupación | contable, escritora, xornalista, futbolista |
Período de actividade | 1990 - |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteira |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarTraballou nos xornais Sunday Bussines Post e Sunday Tribune. En 1994, ela comezou a escribir no xornal Sunday Independent sobre os criminais. Empregou pseudónimos para evitar denuncias por difamación.
Cando Guerin comezou a escribir sobre traficantes de drogas, recibiu varias ameazas de morte [1]. O 30 de xaneiro de 1995, despois de escribir un artigo sobre Gerry "O Monxe" Hutch, como unha advertencia, foi disparada na perna por un pistoleiro contratado por John Traynor [2]. O 13 de setembro de 1995, Veronica foi brutalmente agredida polo traficante John Gilligan ao intentar facerlle unha entrevista.[2] Máis tarde John ameazou con secuestrar e violar o seu fillo Cathal[3].
O 26 de xuño de 1996 Guerin foi asasinada por uns traficantes de droga mentres conducía o seu automóbil, parada nun semáforo, nunha das partes máis concorridas da cidade[4].
Notas
editar- ↑ O'Reilly, Emily: Veronica Guerin: The Life and Death of a Crime Reporter. Vintage, 1998. ISBN 0-09-976151-3
- ↑ 2,0 2,1 "Veronica Guerin". undergroundnotes.com. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ "Veronica Guerin". Gale Encyclopedia of Biography. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ "Veronica Guerin". International Press Institute. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2016.