Vilaescura, Sober
Vilaescura é unha parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (40 homes e 56 mulleres). En 1998 tiña 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 hab/km². En 1970 tiña 206 habitantes e en 1900 con 185.
Vilaescura | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Vilaescura. | |
Concello | Sober[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°28′09″N 7°36′43″O / 42.46919, -7.61199 |
Poboación | 96 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá bañada polo río Cabe que entra no concello por Canaval. Situada ao noroeste do concello, está delimitada ao norte por Espasantes e Canaval, ao sur por Rosende, ao leste por Millán e ao oeste por Rosende e Cangas (concello de Pantón). A altitude máxima é de 363 m.
Comunícase por unha estrada local e polo ferrocarril Monforte-Vigo, coa estación na propia parroquia de Canaval.
Historia
editarEn termos eclesiásticos é unha freguesía allea de San Pedro de Canaval, municipio de Sober, arciprestado de Amandi, provincia e diocese de Lugo. Pertenceu aos cabaleiros do Temple, e conserva no presbiterio o bo retablo maior de estilo rococó e seguramente de taller monfortino. Mostras da cultura hachelense foron atopadas no castro de Vilaescura, situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do canón do río Cabe, nunha propiedade privada. Tanto este asentamento como a súa contorna atópanse baixo unha carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas ao Cabe, unha zona de extraordinaria beleza. Hai que dicir, porén, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.
Festas
editarO primeiro domingo de setembro celébrase a festividade da Virxe dos Remedios, que na década de 1970 chegou a ter competición de tiro ao prato. O 2 de febreiro é a festa das Candelas, na honra da Virxe da Candelaria. Antes celebrábase no campo de Penademiro e había unha gran procesión. O último domingo de maio celébrase a festa da Virxe María.
Desde 1986 celébrase un sábado de agosto unha gran comida, con churrasco, empanada e queimada.
Notas
Galería de imaxes
editar-
Lavadoiro público.
-
Cruceiro con peto de ánimas na base.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilaescura
editarLugares da parroquia de Vilaescura no concello de Sober (Lugo) | |
---|---|
Os Condes | Moreda | Pena de Miro | Vaz | Vilaescura |