Vilanova, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Vilanova
Igrexa parroquial.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°36′49″N 8°07′43″O / 42.61368123, -8.12858527
Área11 km²
Poboación174 hab. (2017)
Densidade15,82 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.[2]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vilanova

editar
Lugares da parroquia de Vilanova no concello de Lalín (Pontevedra)

A Abeleda | O Barreiro | A Canda | As Carreiras | Corrigatos | Costoia | O Cruceiro | Mouriscade | Os Muíños | San Tomé | Vilanova | Vilar de Montes

Parroquias de Lalín

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
orte 1