Volinia[1] (en ucraíno: Волинь, Volyn; en polaco: Wołyń; en ruso: Волынь, Volyn’; tamén chamada nalgúns textos Volynia ou Volhynia e, en certos momentos da historia, Lodomeria) é unha rexión histórica do oeste de Ucraína localizada entre os ríos Prípiat e Bug Occidental, ao sur de Polesia, até o norte da rexión centroeuropea de Galicia e de Podolia.

Modelo:Xeografía políticaVolinia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°44′20″N 25°19′24″L / 50.7389, 25.3233

A zona é unha das primeiras rexións nas que habitaron os pobos eslavos. Parte da histórica Volinia forma hoxe as óblast de Volyn, Rivne e partes das óblast de Zhytomyr e Ternopil en Ucraína, así como partes de Polonia (como Chelm).

As súas principais cidades son Lutsk (a capital histórica), Zhytomyr, Kovel, Kremenets e Novohrad-Volynsky.

Historia

editar
 
Castelo de Lubart (Lutsk) onde residían os príncipes medievais de Volinia.
 
Castelo de Olyka.
 
Gran Sinagoga. Lutsk.

Os protoeslavos diferenciáronse dos celtas e os xermanos nun longo período que vai do III milenio a. C. ao (aproximadamente) ano 1000 a.C. Desde o primeiro milenio antes da nosa era xa se encontran os tazos culturais que caracterizarían aos eslavos, conxunto étnico que tivo un dos seus primeiros asentamentos en Volinia.

A primeira mención histórica da cidade de Halicz (actualmente Halych) data de 981, cando a Rus de Kíiv anexionou Volinia. En efecto, o inicio da historia escrita de Volinia coincide co de Galitzia (rexión que recibiu o seu nome precisamente do da cidade de Halych) ao xurdir o Principado de Halych-Volynia (Principado de Galicia-Volinia); o nome de Volinia deriva do territorio correspondente á cidade de Volodymyr. Estes dous Estados fusionados (xeralmente co nome de principado de Vladímir) sucederon á Rus de Kíiv do século XII ao XIV.

En 1206 o principado de Vladímir foi controlado, co nome de Lodomeria, polo rei húngaro André I; Lodomeria era unha latinización de Volodymyr.

Daniel Románovič Galitzky (ou Daniel de Halicz) constituíuse en rei de Galitzia e Volinia entre 1211~1264, aínda que tivo problemas para manter o seu poder a causa dos case feudais "señores" boiardos. Isto facilitou que o reino de Galitzia-Volinia fora obrigado a render vasalaxe aos khans tártaros-mongois da Horda de Ouro.

Despois do estalido do principado de Galitzia-Volinia contra 1340, Polonia e Lituania repartíronse a rexión entre 1352 e 1366. Polonia adquiriu Galicia e o oeste de Volinia, e o leste desta rexión pasou a poder lituano.

A partir de 1569 Volinia foi unha provincia da chamada República das Dúas Nacións (isto é, o reino da Unión de Polonia-Lituania). Nese período (de hexemonía polaca) numerosos polacos e xudeus establecéronse na rexión, ao tempo que se construían tanto igrexas católicas como ortodoxas. No século XVIII establecéronse menonitas.

Tras o Terceiro repartimento de Polonia (1795), a parte oriental de Volinia foi anexionada ao Imperio ruso, mentres que a parte occidental pasou a control do Imperio austríaco xunto coa Galicia constituíndo despois de 1867 no Imperio Austrohúngaro un principado subordinado de Austria chamado Reino de Galicia e Lodomeria. A finais do século XIX, estando Volinia baixo o poder do tsarato ruso, habitaban alí algo máis de 200.000 alemáns, a maior parte deles emigrados de territorios do polaco Reino do Congreso, e unha pequena cantidade de colonos checos instalouse na rexión.

En 1916, durante a primeira guerra mundial, Volinia (xunto coas rexións circundantes) foi invadida polo Segundo Reich. Tras a revolución rusa de 1917 e a conclusión formal da primeira guerra mundial, o territorio de Volinia foi un dos campos de batalla entre diferentes forzas: os comunistas do Exército vermello, os anticomunistas "brancos", os nacionalistas ucraínos, os nacionalistas polacos...

Contra 1920 o territorio estaba baixo dominio dos soviéticos, quedando formalmente sancionado tal control polos límites orientais outorgados entón a Polonia mediante a liña Curzon, pero en 1921, tras a Guerra polaco-soviética practicamente toda a metade occidental de Volinia pasou a formar parte do Krezy polaco, co nome de voivodato polaco de Volinia. Como reacción á ocupación da rexión occidental por Polonia, Stalin deportou entre 1935 e 1939 aos poboadores polacos de Volinia Oriental, o que constituíu a primeira deportación étnica na historia da URSS.[2]

Despois da desintegración da Unión Soviética en decembro de 1991, a óblast soviética de Volyn formou parte da Ucraína independente. Dentro dela, Volinia apoiou a revolución laranxa de 2004, en contraste coas rexións orientais e meridionais do país.

  1. Entrada en DiGalego Arquivado 27 de agosto de 2018 en Wayback Machine. para o termo voliniano.
  2. Nikolaï F. Bugaï, Les Déportation des peuples d’Ukraine, de Biélorussie et Moldavie, Hg. v. Dittmar Dahlmann et Gerhard Hirschfeld, Essen, 1999, pp. 567–581.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Jones, Michael (2000): The New Cambridge Medieval History. Cambridge University Press. ISBN 0-521-36290-3.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 1
Story 1