Volume (libro)
O volume é unha banda -normalmente de papiro- que se enrola naturalmente.
A lonxitude dun rolo pode ser de varios metros mentres que a anchura ou altura é de 30 a 40 centímetros. Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita. Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior. Como o Val do Nilo era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para Europa coa invasión dos árabes no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.
En paralelo existían, desde a invención da escritura, as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun cálamo ou dun estilo.
Sobre o século III, o códice de pergameo comeza a substituír o volume que tiña como inconveniente que obrigaba a unha lectura secuencial dos distintos textos situados uns despois dos outros. O códice tiña a vantaxe de permitir o acceso doado ás páxinas do medio. Cando se fixo facilmente reproducible grazas á impresión do papel sobre madeira e sobre metal, converteuse no libro impreso que, no final do século XV, dá volta á economía do saber e da súa transmisión.
O modo de lectura do volume coñece unha reinterpretación inopinada no modo de 'páxina continua' propia para a lectura nas pantallas asociadas aos ordenadores a partir de 1960.
Actualmente enténdese o termo volume como un libro que pode incluír varias obras ou só unha, ou pode ser unha parte dunha obra que estea constituída por varios volumes.[1]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para volume.