Wario Land: Super Mario Land 3
Wario Land: Super Mario Land 3, coñecido no Xapón como Super Mario Land 3: Wario Land (スーパーマリオランド3 ワリオランド?), é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Nintendo para Game Boy en 1994. É o primeiro videoxogo protagonizado por Wario así como a primeira aparición de Captain Syrup e os seus piratas Brown Sugar, inimigos recorrentes na serie de videoxogos Wario Land.
Wario Land: Super Mario Land 3 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Nintendo R&D1 |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Director(es) | Hiroji Kiyotake Takehiko Hosokawa |
Produtor(es) | Gunpei Yokoi |
Compositor(es) | Ryoji Yoshitomi Kozue Ishikawa |
Lanzamento | Game Boy Xapón 21 de xaneiro de 1994 3DS Virtual Console[1] Xapón 14 de decembro de 2011 |
Xénero | Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Game Boy 3DS Virtual Console |
Serie | Super Mario Wario Land |
Na rede | |
http://www.nintendo.co.jp/n02/dmg/wja/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Legado
editarWario Land foi un proxecto para transformar a aparición de Wario en Super Mario Land 2: 6 Golden Coins cara a un papel protagonista que fixera medrar o universo de Mario. Wario Land tivo sete populares secuelas: Virtual Boy Wario Land, Wario Land II, Wario Land 3, Wario Land 4, Wario World, Wario: Master of Disguise e Wario Land: The Shake Dimension.
O xogo volveuse lanzar na tenda virtual de Nintendo para a súa descarga, podendo facerse no Xapón o 14 de decembro de 2011, en Europa o 16 de febreiro de 2012 e en Norte América o 26 de xullo de 2012.
Notas
editar- ↑ NintendoLife (ed.). "Wario Land: Super Mario Land 3". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2011.