WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante Internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia. Segundo datos de 2016, a aplicación supera os 1.000 millóns de usuarios.[1] O seu nome é un xogo de palabras da expresión inglesa "What's up?" que significa "Que pasa?" ou "Como che vai?".
WhatsApp Messenger | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Facebook Inc. (Antes WhatsApp Inc.) |
Publicación inicial | Xaneiro de 2003 |
Última versión | 2.17.427 (Android) (26 de novembro de 2020) |
Escrito en | Erlang |
Sistema operativo | Android, BlackBerry OS, iOS, Symbian e Windows Phone |
Lingua/s | Multilinguaxe Galego: Non |
Tipo | Mensaxería instantánea |
Licenza | Freeware |
Sitio web | whatsapp.com |
A empresa californiana foi creada no ano 2003 por Brian Acton e Koum Jan, ambos ex traballadores de Yahoo!. En decembro de 2013, a aplicación acadou os 400 millóns de usuarios activos. Foi comprada por Facebook Inc. en febreiro de 2014. por 19.300 millóns de USD.[2][3]
En 2017 anunciouse un servizo para pequenas e medianas empresas co nome de WhatsApp Business.[4]
Descrición
editarWhatsApp emprega unha versión personalizada do estándar aberto Extensible Messaging and Presence Protocol (XMPP)[5].
Despois da instalación, créase unha conta de usuario mediante o número de teléfono como nome de usuario. Mentres que na versión de Android utiliza un algoritmo hash MD5, empregando a versión do teléfono e o seu IMEI como contrasinal, a versión iOS duplica a tarxeta do teléfono e o enderezo MAC empregando TI-MD5. Para funcionar Whatsapp require que o aparello no que se instale teña unha axenda de números de teléfono asociada, se non se cumpre esta condición aínda sendo o software compatible non funcionará, tendo esta limitación na configuración.
As mensaxes multimedia son enviadas xunto coa imaxe, son ou vídeo a un servidor HTTP que as reenvía como unha ligazón que conten en Base64 a codificación xunto dunha imaxe en miniatura (se é necesario).
WhatsApp sincronízase coa axenda telefónica do dispositivo de xeito que non require engadir contactos directamente na aplicación. Por ese motivo é obrigatorio que o dispositivo conte cunha axenda de contactos e que estes estean rexistrados na axenda (dados de alta) antes de poder utilizalos no WhatsApp.
Notas
editar- ↑ "WhatsApp no para de crecer y ya tiene 900 millones de usuarios". La Nación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018.
- ↑ Albergotti, Reed; MacMillan, Douglas; Rusli, Evelyn M. (February 20, 2014). "Facebook's $18 Billion Deal Sets High Bar". The Wall Street Journal. pp. A1, A6.
- ↑ "Facebook to Acquire WhatsApp" (Nota de prensa). February 19, 2014.
- ↑ "WhatsApp to launch dedicated chat apps for businesses". ZDNet (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ WhatsApp? Nicht ohne Risiken. WhatsApp? Not without risks (traducido do alemán Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine.).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial Arquivado 18 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)