Wikipedia:Efemérides destacadas/Xuño
- 1854, Manuel Murguía publica o seu primeiro texto en galego, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades".
- 1890, suicídase Camilo Castelo Branco, escritor portugués (n. 1825).
- 1910, nace en Buenos Aires Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (m. 1979).
- 1926, nace Marilyn Monroe, actriz (m. 1962).
- 1935, nace Norman Foster (na imaxe), arquitecto británico.
- 1953, é coroada a raíña británica Isabel II.
- 1835, nace o Papa Pío X (m. 1914).
- 1882, morte de Giuseppe Garibaldi (na imaxe), revolucionario italiano, que loitou pola unificación do seu país.
- 2014, Xoán Carlos I de España anuncia a súa abdicación.
Hoxe é a Festa della Repubblica en Italia.
- 1098, no Imperio Selxúcida os Cruzados toman Antioquía.
- 1876, nace Ramón Cabanillas, escritor galego (m. 1959).
- 1924, morre Franz Kafka (na imaxe), escritor checo.
- 1940, a Luftwaffe bombardea París.
- 1940, remata a Batalla de Dunquerque, na Segunda Guerra Mundial, coa evacuación de tropas inglesas e francesas e a vitoria alemá.
- 1989, o goberno da República Popular da China, despois de 7 semanas, manda tropas á praza de Tian'anmen para dispersar as persoas que protestaban.
- 780 a. C., na China, descríbese a primeira eclipse solar da historia.
- 1745, nace Xosefa Xovellanos, escritora en lingua asturiana.
- 1903, nace Alexandre Bóveda (na imaxe), intelectual galeguista.
- 1940, na Segunda Guerra Mundial forzas alemás entran en París.
- 1989, prodúcese o masacre da praza de Tiananmen, en Pequín (China).
Hoxe é o Día Internacional dos Nenos Vítimas Inocentes de Agresión.
- 1849, Dinamarca tórnase unha monarquía constitucional despois de aprobar unha constitución.
- 1723, nace Adam Smith (na imaxe), economista (m. 1790).
- 1883, nace John Maynard Keynes, economista (m. 1946).
- 1898, nace Federico García Lorca, poeta e dramaturgo español (m. 1936).
- 2004, morre Ronald Reagan, ex presidente dos Estados Unidos.
Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente.
- 1523, Gustav Vasa é escollido rei de Suecia, poñendo fin á Unión de Kalmar con Noruega e Dinamarca.
- 1808, Xosé Bonaparte é coroado Rei de España.
- 1875, nace Thomas Mann (na imaxe), novelista alemán.
- 1944, comeza a Batalla da Normandía na Segunda Guerra Mundial co desembarque de 155.000 soldados aliados.
- 2012, morre Ray Bradbury, escritor norteamericano.
- 1494, España e Portugal asinan o Tratado de Tordesillas, que divide as terras do Novo Mundo entre os dous países.
- 1809, comeza a batalla de Ponte Sampaio.
- 1905, a Noruega declara a súa separación da Suecia.
- 1914, o primeiro navío atravesa o Canal do Panamá.
- 1952, nace Liam Neeson (na imaxe), actor irlandés.
- 1954, morre Alan Turing, matemático e científico da computación.
- 68, Galba é declarado emperador polo Senado romano.
- 452, Atila (na imaxe) invade Italia.
- 632, morre Mahoma, fundador do Islam (n. 570).
- 1191, Ricardo I de Inglaterra chega a Acre (Palestina), comezando a súa cruzada.
- 1903, nace Marguerite Yourcenar, escritora francesa (m. 1987).
- 1941, os aliados invaden Siria e Líbano durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1986, Kurt Waldheim, ex secretario xeral da ONU, é elixido presidente da Austria.
- 1990, Xosé Cora Rodríguez toma posesión como primeiro Valedor do Pobo da historia de Galicia.
- 68, Nerón (na imaxe), emperador do Imperio Romano, quítase a vida tras ser declarado inimigo público polo Senado romano.
- 1870, morre Charles Dickens, escritor británico.
- 1889, nace Imeldo Corral González, pintor galego (m. 1976).
- 1891, nace Cole Porter, músico estadounidense (m.1964).
- 1973, Luis Carrero Blanco é nomeado xefe do Goberno de España por Franco.
- 1981, nace Natalie Portman, actriz israelí-estadounidense coñecida principalmente polo seu papel na primeira triloxía de Star Wars.
10 de xuño (ver • editar)
- 1580, morre Luís de Camões, poeta portugués, autor de Os Lusíadas.
- 1924, fascistas italianos secuestran e matan o líder socialista Giacomo Mateotti, en Roma.
- 1958, morre Carlos Maside García, pintor galego.
- 1964, nace Jimmy Chamberlin, músico estadounidense.
- 1977, o fabricante de computadores Apple (na imaxe) lanza o seu computador persoal Apple II.
Hoxe é o Dia de Camões, de Portugal e das Comunidades Portuguesas.
11 de xuño (ver • editar)
- 1536, Pedro de Mendoza aséntase por primeira vez na cidade de Buenos Aires.
- 1770, o capitán James Cook descobre a Gran Barreira de Coral (na imaxe), xunto á costa da Australia.
- 1973, morre en Santiago de Compostela Fermín Bouza-Brey (n. 1901), escritor galego.
- 1991, Microsoft lanza ao mercado o sistema operativo MS-DOS 5.0.
Hoxe é o Día Kamehameha en Hawai.
12 de xuño (ver • editar)
- 1886, unha expedición española toma posesión para a Coroa de Río de Oro, no Sáhara coccidental.
- 1921, nace en Valencia Luis García Berlanga, guionista e director de cine español.
- 1941, nace Chick Corea, pianista e compositor estadounidense.
- 1967, nace en Madrid Icíar Bollaín (na imaxe), directora de cine española.
- 1985, España asina o tratado de adhesión á CEE (hoxe Unión Europea).
- 1992, inaugúrase en Río de Xaneiro o Cumio da Terra, onde se adoptan medidas internacionais contra a deterioración do medio ambiente.
Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Traballo Infantil.
13 de xuño (ver • editar)
- 1906, nace en Viveiro o diplomático, escritor e tradutor Lois Tobío Fernández (m. 2003).
- 1910, nace en Ferrol Gonzalo Torrente Ballester, novelista galego que escribiu preferentemente en lingua castelá (m. 1999).
- 1949, publícase a novela 1984, de George Orwell.
- 1991, Boris Eltsin gaña as primeiras eleccións libres nunha Rusia aínda integrante da Unión Soviética.
- 1995, un rastro de helio no espazo exterior confirma a teoría do big-bang.
- 2002, as chamadas Illas Atlánticas (na imaxe) convértense no primeiro parque nacional de Galicia.
14 de xuño (ver • editar)
- 1864, nace Alois Alzheimer (na imaxe), psiquiatra e neurólogo alemán que identificou por primeira vez os síntomas do que despois se coñecería como mal do Alzheimer (m. 1915).
- 1900, Hawai tórnase territorio dos Estados Unidos de América.
- 1986, morre en Xenebra Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899).
- 2013, o ICANN aproba o dominio .gal.
Hoxe é o Día Mundial do Doador de Sangue.
15 de xuño (ver • editar)
- 1389, os turcos vencen os serbios e bosnios na Batalla de Kosovo.
- 1752, Benjamin Franklin (na imaxe) realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade elevando unha cometa durante unha tormenta.
- 1927, nace Hugo Pratt, debuxante de banda deseñada italiano (m. 1995).
- 1977, celébranse as primeiras eleccións democráticas en España despois da morte de Francisco Franco.
- 1983, apróbase a Lei de normalización lingüística de Galicia.
- 1996, morre Ella Fitzgerald, cantante de jazz (n. 1917).
16 de xuño (ver • editar)
- 1809, as tropas francesas derrotan á británicas na Batalla de Elviña, na que falece o seu xeneral, John Moore.
- 1823, nace Xerónimo, xefe dos indios chiricahuas de Norteamérica.
- 1904, Leopold Bloom vive a súa odisea dun día na novela Ulysses de James Joyce.
- 1963, a astronauta soviética Valentina Tereshkova (na imaxe) convértese na primeira muller en realizar unha viaxe espacial.
- 1979, morre Nicholas Ray, director cinematográfico estadounidense (n. 1911).
- 2004, morre Antón Tovar, poeta galego nado na Pereira (Rairiz de Veiga) en 1921.
17 de xuño (ver • editar)
- 1898, nace M. C. Escher, debuxante e artista.
- 1940, Estonia, Letonia e Lituania pasan ó control soviético.
- 1944, Islandia independízase de Dinamarca.
- 1945, nace Eddy Merckx (na imaxe), ciclista belga.
- 1979, publícase o derradeiro número de El Pueblo Gallego.
18 de xuño (ver • editar)
- 1815, Napoleón Bonaparte é derrotado na batalla de Waterloo.
- 1901, nace a gran duquesa Anastasia Nikolaevna de Rusia.
- 1928, Amelia Earhart (na imaxe) convértese na primeira muller piloto en cruzar o océano Atlántico.
- 1929, nace en Düsseldorf Jürgen Habermas, pensador e filósofo alemán.
- 1937, publícase Galicia Libre unha publicación semanal editada en Buenos Aires por iniciativa de Luís Seoane e Xosé Núñez Búa.
- 1963, morre Pedro Armendáriz, actor mexicano (n. 1912).
- 2006, apróbase en referendo o novo Estatuto de autonomía de Cataluña.
19 de xuño (ver • editar)
- 1867, morre Maximiliano I, emperador de México (1864-1867).
- 1947, nace Salman Rushdie, escritor indo-británico.
- 1961, Kuwait independízase.
- 1993, morre William Golding, escritor británico, premio Nobel de Literatura en 1983.
- 2005, o PPdeG perde a maioría absoluta nas eleccións ao Parlamento de Galicia.
- 2014, Filipe VI (na imaxe) accede ao trono de España.
20 de xuño (ver • editar)
- 1853, morre Antolín Faraldo, escritor galego e figura destacada do provincialismo.
- 1897, José Sellier grava o primeiro filme galego, Entierro del General Sánchez Bregua.
- 1928, fúndase o club de fútbol Real Valladolid.
- 1977, constrúese o grande oleoduto chamado Trans-Alaska Pipeline System que atravesa de norte a sur o estado de Alasca.
- 1991, o Parlamento alemán aproba o traslado da capital do país desde Bonn ó Berlín reunificado.
- 1992, nace Demi Lovato (na imaxe), cantante estadounidense.
Hoxe é o Día Mundial dos Refuxiados
21 de xuño (ver • editar)
- 1527, morre Niccolò Machiavelli (Maquiavelo), historiador, filósofo e político italiano (n. 1469).
- 1874, morre Anders Jonas Ångström (na imaxe), físico e astrónomo sueco (n. 1814).
- 1882, nace Lluís Companys, Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española (m. 1940).
- 1945, finaliza a batalla por Okinawa na Segunda Guerra Mundial.
- 1963, nace Gosho Aoyama, debuxante de manga coñecido por ser o creador de O detective Conan.
22 de xuño (ver • editar)
- 1633, remata o xuízo da Inquisición Romana a Galileo Galilei.
- 1767, nace Wilhelm von Humboldt (na imaxe), lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán (m. 1835).
- 1808, sae o primeiro número do xornal Diario de La Coruña por iniciativa da Xunta Suprema do Reino de Galicia e dirixido por Manuel Pardo de Andrade.
- 1866, ten lugar a sublevación do cuartel de San Gil contra a raíña Isabel II de España.
- 1872, morre a escritora galega Juana de Vega.
- 1978, o astrónomo James W. Christy descobre o primeiro satélite de Plutón, Caronte
23 de xuño (ver • editar)
- 1683, William Penn asina o Tratado da terra cos indios americanos.
- 1894, fúndase o Comité Olímpico Internacional (COI) en París.
- 1907, nace en Ourense Xaquín Lorenzo, Xocas, (na imaxe) homenaxeado o Día das Letras do ano 2004.
- 1914, o xeneral Pancho Villa derrota as forzas federais de Victoriano Huerta na cidade de Zacatecas.
- 1927, Joaquín Loriga aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galiza.
- 1961, entra en vigor o Tratado Antártico.
Hoxe é a noite de San Xoán.
24 de xuño (ver • editar)
- 1497, Xoán Caboto (na imaxe) descobre a rexión de Terra Nova no Canadá.
- 1509, Henrique VIII de Inglaterra é coroado rei do seu país.
- 1692, os ingleses fundan Kingston, a capital de Xamaica.
- 1793, Francia adopta a súa primeira constitución republicana.
- 1812, Napoleón Bonaparte comeza a invasión de Rusia.
25 de xuño (ver • editar)
- 1287, Rodrigo Gómez de Neda, da nobreza galega, outorga en Montpellier o seu testamento onde di ter cometido asoballamentos en Galicia e manda facer restitucións.
- 1925, reaparece a Revista Nós na Coruña por iniciativa de Ánxel Casal e coa colaboración de membros do Seminario de Estudos Galegos, ademais de colaboradores da primeira época.
- 1975, Mozambique consegue a independencia de Portugal.
- 1985, morre en Buenos Aires Leandro Pita Romero (n. 1898), político, diplomático, xornalista e escritor galego.
- 1993, Tansu Çiller convértese na primeira muller en ser nomeada primeira ministra de Turquía.
- 1998, Microsoft lanza o Windows 98.
- 2009, morre Michael Jackson (na imaxe), cantante, compositor e bailarín estadounidense.
26 de xuño (ver • editar)
- 1521, morre asasinado Francisco Pizarro, conquistador do Perú.
- 1908, nace en Valparaíso Salvador Allende (na imaxe), presidente de Chile entre 1970 e 1973
- 1924, as forzas de ocupación estadounidenses saen da República Dominicana.
- 1945, asínase a Carta das Nacións Unidas, na ONU.
- 1960, a antiga posesión británica de Somalilandia, actual Somalia, tórnase independente.
Hoxe é o Día internacional da loita contra o emprego indebido e o tráfico ilícito de drogas.
27 de xuño (ver • editar)
- 1905, a tripulación do acoirazado ruso Potemkin amotínase en contra dos seus oficiais.
- 1931, a Xunta Revolucionaria Galega, reunida en Compostela e comandada por Alonso Ríos, declara a I República Galega.
- 1950, os Estados Unidos deciden mandar tropas á Guerra de Corea.
- 1957, sae da fábrica SEAT en Mataró o primeiro exemplar de SEAT 600 (na imaxe).
- 1977, Djibuti independízase de Francia.
- 1984, decreto polo que se crea a Medalla Castelao.
28 de xuño (ver • editar)
- 1389, forzas otomás arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomá do sueste europeo.
- 1914, Francisco Fernando, herdeiro do trono austro-húngaro, é asasinado en Saraxevo por Gavrilo Princip, o que desencadeará a Primeira Guerra Mundial un mes despois.
- 1931, nas Eleccións a Cortes Constituíntes en Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos.
- 1936, celébrase o plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
- 1969, clientes do bar Stonewall Inn de Nova York, voltado para o público homosexual e transexual, fan fronte á acción policial alí ocorrida, desencadeando dous días de protestas que culminaron na marcha do 1 de xullo de 1970.
- 1984, trasládase a Galicia entre polémicas e violencia os restos de Castelao, para o seu enterramento en Bonaval.
Hoxe celébrase o Día do Orgullo Gai (imaxe da bandeira).
29 de xuño (ver • editar)
- 67, morre San Pedro, discípulo de Xesús e primeiro Papa, para os crentes do catolicismo romano.
- 1540, nace Ana de Mendoza de la Cerda (na imaxe), coñecida como a Princesa de Éboli.
- 1613, o Teatro do Globo, propiedade de William Shakespeare, é destruído por un incendio.
- 1895, morre Thomas Henry Huxley, o "bull-dog de Darwin", biólogo británico, evolucionista e creador do termo agnosticismo.
- 1900, nace Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés (m. 1944).
- 1929, nace Oriana Fallaci, xornalista e escritora italiana.
- 1940, morre Paul Klee, pintor suízo (n. 1879).
30 de xuño (ver • editar)
- 1860, celébrase o debate máis famoso sobre a Teoría da evolución na Universidade de Oxford entre Thomas Henry Huxley, o "bulldog de Darwin", e o bispo Samuel Wilberforce.
- 1908, ocorre o evento de Tunguska en Siberia (na imaxe).
- 1934, ten lugar a noite dos coitelos longos, a violenta purga sobre os rivais políticos de Adolf Hitler.
- 1966, nace Mike Tyson, boxeador, campión dos pesos pesados.