Xava

isla de Asia

Xava[1] (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.

Modelo:Xeografía físicaXava
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda e Sueste asiático Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Xava Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°29′30″S 110°00′16″L / -7.4916666666667, 110.00444444444
Bañado porOcéano Índico, Mar de Xava, Estreito de Bali (pt) Traducir, Estreito de Sunda e Estreito de Madura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3.676 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións199 (ancho) × 1.062 (lonxitude) km
Perímetro2.884 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Semeru (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.676 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie128.297 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
1628 Siege of Batavia (en) Traducir
Guerra de Java (pt) Traducir
Regreg War (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455672

Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanés é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.

Xeografía

editar
 
Os volcáns Monte Semeru e Bromo en Xava Oriental

Xava é a 13ª illa máis grande do mundo e a quinta illa máis grande de Indonesia, atópase entre Sumatra ao oeste e Balí ao leste. Borneo atópase ao norte e a Illa de Nadal ao sur. Xava está rodeado polo mar de Xava no norte, o estreito de Sunda no oeste, o océano Índico no sur e o estreito de Balí e estreito de Madura no leste .

Xava é case na súa totalidade de orixe volcánica, contén trinta e oito montañas que forman unha columna vertebral de leste para oeste, e que nun momento ou outro foron volcáns en estado activo. O volcán máis alto de Xava é o monte Semeru (3676 m). O volcán máis activo de Xava e tamén de Indonesia é o monte Merapi (2968 m).

As montañas máis altas axudan a dividir o interior nunha serie de rexións relativamente illadas adecuadas para o cultivo do arroz; os arrozais de Xava atópanse entre os máis ricos do mundo. Xava foi o primeiro lugar onde cultivouse o café de Indonesia a partir de 1699. Hoxe en día, o café arábico cultívase na meseta de Ijen en pequenas e grandes plantacións.

A superficie de Xava é de aproximadamente 139.000 km². O río máis longo da illa é o río Solo de 600 km de longo. O río nace na súa fonte no centro de Xava no volcán Lawu, e logo flúe cara ao norte e cara ao leste ata a súa desembocadura no mar de Xava preto da cidade de Surabaia.

A temperatura media en todo o ano é de 22 °C a 29 °C e a humidade media do 75%. As chairas costeiras do norte son xeralmente máis quentes, media de 34 °C durante o día na estación seca. A costa sur é xeralmente máis fría que o norte, e as zonas altas do interior son tamén máis frescas. A tempada de choivas comeza en outubro e finaliza en abril durante a cal a choiva cae principalmente nas tardes e de forma intermitente durante o resto do ano. Os meses máis chuviosos son xaneiro e febreiro.

Xava Occidental, é máis húmida que Xava Oriental e as rexións montañosas reciben precipitacións moito máis altas. As terras altas de Parahyangan en Xava Occidental, reciben máis de 4.000 mm anuais, mentres que a costa norte de Xava Oriental, recibe 900 mm anuais.

Os destinos turísticos máis populares inclúen a cidade de Yogyakarta, un gran monumento budista en forma de pirámide coñecido como Borobudur e o templo hindú máis grande de Xava, o Prambanan.

 
Parahyangan as terras altas preto de Buitenzorg, ca. 1865-1872.

Administración

editar

Xava divídese en 4 provincias:

1 rexión especial * (istimewa daerah):

1 ** capital especial do distrito da cidade (ibukota khusus daerah):

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xavanés.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 3
multimedia 1
os 35
todo 2