Ximo Navarro
Joaquín 'Ximo' Navarro Jiménez, nado en Guadahortuna, Granada, o 23 de xaneiro de 1990, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1990 (34 anos) Guadahortuna, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Ximo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarAínda que naceu en Guadahortuna, na provincia de Granada, criouse en Mallorca e formouse como futbolista no Patronato e no San Francisco, antes de ingresar na canteira do RCD Mallorca.[1][2] Na tempada 2008/09 debutou co filial do club, o Mallorca B, na Terceira División, logrando o ascenso nesa mesma campaña.[1] Disputou un total de 58 partidos co filial durante as dúas seguintes tempadas, xa na Segunda División B, e, agás un, todos eles como titular.
Para a tempada 2011/12 foi cedido ao Recreativo de Huelva, da Segunda División,[3] categoría na que debutou na segunda xornada, nunha derrota por 1-0 ante o Deportivo da Coruña en Riazor.[4] Despois de xogar 12 partidos co decano do fútbol español, todos como titular, no mercado invernal cambiou de equipo, sendo cedido ao Córdoba, da mesma categoría, co que disputou 19 encontros, incluída a promoción de ascenso á Primeira División.[5]
A continuación regresou ás Illas Baleares para a tempada 2012/13, xa como xogador do primeiro equipo. Debutou na Primeira División na xornada inaugural do campionato, saíndo de titular ante o Espanyol en Son Moix (vitoria por 2-1).[6] Disputou un total 16 partidos na súa primeira campaña na elite, ás ordes de Caparrós primeiro e Manzano despois, pero o equipo acabou perdendo a categoría. Na seguinte campaña fíxose dono absoluto da banda dereita do Mallorca, disputando 39 partidos, todos como titular.
Regresou á máxima categoría no verán de 2014, asinando co Almería un contrato por tres anos.[1] No primeiro deles o equipo descendeu a Segunda, categoría na que Ximo Navarro xogou durante os seguintes dous anos. O 17 de xuño de 2017 fichou pola UD Las Palmas, regresando así á Primeira División,[7] pero volveu descender ao remate da tempada, despois de ser titular na maioría de partidos.
En 2018 iniciou unha etapa de catro anos no País Vasco, nas filas do Deportivo Alavés.[8] Coa camiseta do "Glorioso", marcou o seu primeiro gol na categoría, nunha ampla vitoria por 1-5 sobre o Rayo Vallecano.[9] Xogou un total de 104 partidos co club vitoriano, nos que marcou tres goles.
Ao remate do seu contrato, que coincidiu co descenso do equipo a Segunda,[10] meditou nunha posible retirada pero acabou marchando aos Países Baixos,[11] onde fichou polo Fortuna Sittard, equipo adestrado polo salmantino Julio Velázquez, o seu último técnico no Alavés.[12] Debutou na Eredivisie o 2 de outubro, na vitoria por 2-0 sobre o FC Volendam,[13][14] e xogou un total de 16 partidos co club.
O 1 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[15]
Palmarés
editar- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Miralles, Carlos (11 de xullo de 2014). "Ximo Navarro, el lateral del futuro" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Ximo Navarro corrió la banda de Tentempié en el SER Deportivos" (en castelán). 7 de outubro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Ximo Navarro llega al Recre en calidad de cedido". Marca (en castelán). 10 de agosto de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ Piñeiro, Miguel (28 de agosto de 2011). "Aranzubía evita un susto tras la falta de pegada del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "El Recre cede a 'Ximo' Navarro al Córdoba". Marca (en castelán). 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "El Espanyol pierde ante el Mallorca (2-1)" (en castelán). 19 de agosto del 2012. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Ximo Navarro, nueva incorporación de la UD Las Palmas para la temporada 2017 / 2018" (en castelán). 17 de xuño de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "El Deportivo Alavés refuerza la defensa con la incorporación de Ximo Navarro" (en castelán). 5 de xullo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Ximo Navarro se estrena como goleador en primera". Marca (en castelán). 23 de setembro de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Varios jugadores finalizan hoy su vinculación con el Deportivo Alavés" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ Yordi, Juan (17 de outubro de 2024). "Ximo, de una posible retirada a buscar otro ascenso con el Dépor". Marca (en castelán). Consultado o 20 de outubro de 2024.
- ↑ Lekuona, Javier (14 de setembro de 2022). "Julio Velázquez se lleva a Ximo Navarro a Limburgo". As (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Fortuna Sittard verslaat tien Volendammers met elf 'buitenlanders'" (en neerlandés). 2 de outubro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Fortuna deelt flinke degradatie-tik uit aan dramatisch Volendam" (en neerlandés). 2 de outubro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Ximo Navarro, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de agosto de 2023. Consultado o 14 de setembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).