Xoán Davila
Xoán Davila nado en Tui e finado no 1610 en Santiago de Compostela, foi un importante escultor galego renacentista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Tui, España |
Morte | 1610 Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Influencias | |
Traxectoria
editarFoi a Valladolid a perfeccionar a súa formación no obradoiro de Estaban Jordán, onde recibiu claras influencias de Juan de Juni. Realizou os retablos de Santa María de Castrobeza e San Nicolás naquela cidade. O 2 de setembro de 1599 asina xunto con Gregorio Español un contrato para a realización do coro lígneo da Catedral de Santiago de Compostela en madeira de nogueira. Ámbolos dous asumirían en 1603 a tarefa de tallar o retablo do Colexio de Fonseca do que nos quedan as figuras de San Xerome de Estridón e Santo Agostiño de Hipona na capela da Comuñón da basílica compostelá. Máis adiante realiza o retablo da antiga capela de San Frutuoso na catedral de Santiago e o do cruceiro do mosteiro de San Martiño Pinario. Estas últimas obras desapareceron. Un ano antes da súa morte o cabido da Catedral de Tui encargoulle a cadeira prelacial.
Estilo
editarRealiza tallas con tipos alongados e esveltos, outorga grandes doses de expresividade e vitalidade aos seus personaxes. Utiliza planos diferenciados para os pés e panos cinguidos á anatomía das figuras. Acada unha apreciable calidade técnica nas roupaxes, a fisionomía do rostro e as características barbas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Davila |