Xoán I de Castela

rei de Castela entre 1379 e 1390

Xoán I de Trastámara (nado en Épila, Zaragoza en 1358 e finado en Alcalá de Henares en 1390) foi rei de Castela entre o 24 de agosto de 1379 e o 9 de outubro de 1390.

Modelo:BiografíaXoán I de Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1358 Editar o valor en Wikidata
Épila, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1390 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Alcalá de Henares, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSepulcher of John I of Castile (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1379 – 1390
← Henrique II de CastelaHenrique III de Castela →
Rei Coroa de Castela
Señor de Biscaia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro, político Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor de Biscaia
Rei de Castela
Rei de León
Señor de Cuéllar
Señor de Molina
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Portugal (1383 (Gregoriano)–)
Leonor de Aragón e de Sicilia (1375 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosHenrique III de Castela
 () Leonor de Aragón e de Sicilia
Fernando I de Aragón
 () Leonor de Aragón e de Sicilia
Miguel de Castela e Leão (disputado)
 () Beatriz de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique II de Castela Editar o valor en Wikidata  e Xoana Manuel de Villena Editar o valor en Wikidata
IrmánsFadrique de Castilla
Leonor de Trastámara
Beatriz de Castilla
Afonso, conde de Gijón e Noronha
Leonor de Castilla la de los Leones
Pedro Enríquez de Castilla
Henry of Castile
Inés Enríquez de Castilla
Isabel Enríquez de Castilla Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Enriquez-8 Find a Grave: 156058401 Editar o valor en Wikidata

Foi o segundo rei da dinastía de Trastámara, fillo de Henrique II o das Mercés e de Xoana, filla de Xoán Manuel de Villena, cabeza dunha rama máis nova da casa real de Castela. Naceu en Aragón durante o desterro do seu pai cando aínda non era rei. Foi o derradeiro rei castelán coroado solemnemente. Despois del, os monarcas asumiron a dignidade real por proclamación e aclamación.

Traxectoria

editar

Casou con Leonor de Aragón, filla de Pedro IV o Cerimonioso, en Soria en 1375. Desta unión naceron:

Ó morrer Leonor, casou con Beatriz de Portugal, herdeira do trono de Portugal. Desta unión naceu Miguel, morto de neno.

Ó falecer sen herdeiros varóns o rei Fernando I de Portugal, pai da súa segunda esposa, Xoán I optou ó trono, quedando Pedro González, o seu aio, como un dos rexentes de Castela en 1384.

Ó ano seguinte, Xoán foi á guerra contra Xoán de Avis, fillo bastardo de Pedro I de Portugal e por tanto medio irmán de Fernando I. Esa guerra rematou na desastrosa derrota de Aljubarrota, na que, trala desbandada das tropas castelás, conseguiu salvar a vida grazas ao seu aio, que faleceu.

Guerra dos Cen Anos

editar
Artigo principal: Guerra dos Cen Anos.

Henrique II recibira a axuda de cabaleiros franceses dirixidos polo propio Bertrand Du Guesclin durante o seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. A vitoria final de Henrique na guerra civil castelá brindou a Francia un poderoso aliado no plano naval. Tanto Henrique como o seu fillo Xoán enviaron a armada castelá, que destruíu a escuadra inglesa en La Rochelle (1372) e saqueou numerosos portos ingleses (como Rye, Rotingdean, Lewes, Folkestone, Plymouth, Portsmouth, Wight ou Hastings) entre 1377 e 1380, ano en que o almirante castelán Fernando Sánchez de Tovar chegou mesmo a ameazar Londres. Sir Ricardo Knolles en 1360 e o duque de Lancaster, Xoán de Gante, en 1363 formaron corpos expedicionarios que atacaron o continente, pero foron detidos.

Mantivo amizade con Carlos III de Navarra, casado coa súa irmá Leonor, poñendo fin ós conflitos entre os dous reinos.

Política interior

editar

No marco da Guerra dos Cen Anos, Inglaterra e Castela víronse involucradas nun conflito dinástico: as fillas de Pedro I, Costanza e Isabel, casaran co duque de Lancaster e con Edmundo de Langley, duque de York, fillos do rei Eduardo III de Inglaterra.

Con estas unións, e considerándose herdeiras lexítimas de Pedro I, reclamaban o reino. En 1388, Xoán puxo fin á loita pactando o matrimonio do seu fillo e herdeiro Henrique con Catarina, filla de Costanza, ós que se lles outorgou a condición de Príncipes de Asturias polo acordo de Baiona. Así quedaron unidas as dúas ramas sucesorias de Afonso XI e instaurouse o título de Príncipe de Asturias, que en diante ostentou sempre o herdeiro da coroa de Castela e logo de España. Henrique foi o primeiro príncipe en posuír este título e mailas rendas inherentes, pois o territorio asturiano lles pertencía como patrimonio.


Predecesor:
Henrique II
Rei de Castela e de León
1379-1390
 
Sucesor:
Henrique III
Predecesor:
Henrique II
Rei de Galiza
1379-1386 e 1387-1390
 
Sucesor:
Xoán de Gante
entre 1386 e 1387

Henrique III
  NODES
todo 1