Xustino I

Emperador do imperio bizantino dende 518 ata 527

Flavius Iustinus ou Xustino I, nado en Dardania c. 450 e finado en Constantinopla o 1 de agosto de 527, foi emperador bizantino do ano 518 ao 527.

Modelo:BiografíaXustino I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento450 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Bederiana (Serbia) (Dardania) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 527 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
518 – 1 de agosto de 527
← Anastasio IXustiniano I →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino, Imperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Anastácia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xustiniana Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEufémia (imperatriz) Editar o valor en Wikidata
FillosXustiniano I, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
IrmánsVigilantia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Yuzhakov Big Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1501872 Find a Grave: 40940445 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Gravado cun retrato de Xustino I, Por Giovanni Battista de'Cavalieri, publicado en Romanorum imperatorum effigies, Roma, 1592.

Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de Dardania, pertencente á diocese de Dacia que, xunto coa de Macedonia, formaba entón a prefectura pretoriana de Ilírico. Na súa mocidade chegou a Constantinopla fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os excubitores) do emperador Anastasio I en 515. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en 518. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era analfabeto. Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavio Petro Sabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de Xustiniano. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador Procopio, é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.

En 525, Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casar con Teodora, unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos ostrogodos, conseguindo aquietar a Teodorico ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os persas pola rexión de Lazica, a antiga Cólquida e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de 527. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.

A cidade de Anazarbus foi rebautizada como Iustinopolis en 525, en honor seu.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Imperio Bizantino

Segue a:
Anastasio I (emperador)
Xustino I
Precede a:
Xustiniano I
Dinastía Xustiniana
  NODES
mac 1
multimedia 1
os 31
todo 1