Yorkshire
Yorkshire é un condado histórico do norte de Inglaterra e o meirande do Reino Unido.[1] Debido ao seu gran tamaño en comparanza con outros condados ingleses, as súas funcións administrativas foron paseniñamente pasando ás súas subdivisións, que foron obxecto de reformas periódicas. Malia eses cambios, Yorkshire continúa sendo recoñecida como un territorio xeográfico e unha rexión cultural[2][3], aínda quea meirande parte de Yorkshire, xunto coa parte norte de Lincolnshire forman agora a rexión deYorkshire e Humber. O emblema de Yorkshire e a rosa branca da Casa de York, e a bandeira máis común para representar ao Yorkshire é a rosa branca sobre fondo azul escuro,[4] que despois de anos de uso recoñeceu o Flag Institute o 29 de xullo de 2008[5]. A rexión conta co seu propio dialecto, o yorkshire, xa moi influído polo inglés estándar. A poboación é de arredor de 5 millóns de habitantes e a superficie de 15 000 km², as cidades principais do territorio son Leeds, Bradford,Wakefield, Sheffield, York, Ripon e Hull.
Notas
editar- ↑ G. Gibbons, Yorkshire: Britain's Largest County (London: Geographica Ltd., 1969).
- ↑ "Yorkshire Ridings Society". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2012. Consultado o 2009-06-03. Arquivado 05 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Allen, Liam (1 August 2006). "What's so special about Yorkshire?". BBC. Consultado o 2008-07-15.
- ↑ "Yorkshire (United Kingdom)". CRWFlags.nom. Consultado o 2007-10-25.
- ↑ Martin Wainwright (29 July 2008). "Proud Yorkshire can finally fly white rose flag without charge". London: The Guardian. Consultado o 2008-07-29.