Zaire
O Zaire era coñecido como o país africano que agora se coñece como República Democrática do Congo entre o 27 de outubro de 1971 e o 17 de maio de 1997. Recibiu o nome oficial da República do Zaire durante o goberno de Mobutu Sese Seko, quen gobernou o país até o final da primeira guerra do Congo en 1997, cando foi derrocado.
République du Zaïre (fr) | |||||
Himno | La Zaïroise (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kinshasa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.498.539 (19,83 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.345.410 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 27 de outubro de 1971 | ||||
Disolución | 16 de maio de 1997 | ||||
Sucedido por | República Democrática do Congo | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Mobutisme república | ||||
• Xefe de estado | Mobutu Sese Seko | ||||
Moeda | Zaire | ||||
Historia
editarA inestabilidade e os levantamentos que asolaron no Congo até 1965 culminaron coa toma do poder polo tenente xeneral Mobutu Sese Seko, naquel momento comandante e xefe do exército congolés. Mobutu declarouse presidente durante cinco anos e en 1970 consolidou o seu poder ao ser elixido presidente sen oposición. En 1971 adoptouse o novo nome do Estado, coa proclamación oficial da República do Zaire. Durante todo o período deste novo estado nacional, o único presidente e ditador, Mobutu Seko, acumulou poder político e financeiro, así como algún apoio internacional.
O nome Zaire e os símbolos nacionais mantivéronse até 1997, cando ao final da primeira guerra do Congo, o goberno de Mobutu foi derrocado e este fuxiu do país, buscando o exilio en Marrocos. Tras este movemento, a guerrilla e opositor, Laurent-Désiré Kabila, asumiu a presidencia e recuperou o nome anterior do país, República Democrática do Congo, que se mantivo dende entón.[1]
Notas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zaire |
- ↑ "Laurent Desire Kabila, presidente da República Democrática do Congo é assassinado por um de seus guarda-costas". ricardoorlandini.net/hoje_historia.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editar- Congo Kinshasa
- República Democrática do Congo
- Historia da República Democrática do Congo