Zamboni

vehículo utilizado para suavizar pistas de xeo

Zamboni é un vehículo que se utiliza para repasar as pistas de xeo.

Un zamboni en uso en Thialf (Países Baixos) durante un intervalo da competición

Historia

editar

Foi inventado polo inventor estadounidense Frank Zamboni en 1949, utilízanse para evitar o desgaste que causa o uso en competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade e patinaxe sobre xeo e reparar os buratos, rachaduras e fendas no xeo, aforrando horas para reparar unha pista de xeo como acontecía cando se facía a man. É común denominar a estes vehículos Zamboni con independencia do seu fabricante.

O Zamboni raspa a primeira capa de xeo da pista e deseguida pulveriza unha fina capa de auga morna, eliminando as irregularidades fornecendo dese xeito unha pista de xeo lisa e limpa.

  NODES
todo 1