Zakynthos (grego: Ζάκυνθος, Zákynthos, italiano: Zacìnto) ou Zante (grego: Τζάντε, Tzánte /ˈzɑːnti, -t, ˈzæn-/, italiano: Zante; do Veneciano), é unha illa do grupo das illas Xónicas que conforma unha prefectura de Grecia. A capital é a cidade de Zakynthos tamén chamada Chora, é dicir -a cidade-, que ten uns 15.000 habitantes. A illa e prefectura ten unha poboación de 42.000 persoas (102 hab./km²) e uns 405,55 km²[1]. A súa liña costeira mide 123 km e mide uns 40 km de longo por 20 de ancho. O seu punto máis alto é o monte Vrachionas, de 758 metros. O nome, como todos os nomes similares que terminan en -nthos, é premicénico ou Pelasgo en orixe. En mitoloxía grega dicíase que a illa debía o seu nome a Zakynthos, o fillo dun lendario xefe Dárdano de Arcadia.

Modelo:Xeografía políticaZante
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°48′N 20°45′L / 37.8, 20.75
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
Periferiasrexión das Illas Xónicas
PrefecturasZakintos (unidade regional) (pt) Traducir
ConcelloZakynthos Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación41.180 (2021) Editar o valor en Wikidata (101,54 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie405,55 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Xónico Editar o valor en Wikidata
Altitude758 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29x Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico26950 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GR-21 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webzakynthos.gr Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O nome orixinal da illa sería Hyrie, pero recibiu o de Zakynthos (latín Zacynthus) porque foi colonizada por Zakynthos o fillo de Dardano, procedente de Psofis en Arcadia (polo que a acrópole da cidade de Zakynthos foi chamada Psofis). Tucídides di que a illa foi colonizada polos aqueos do Peloponeso no segundo milenio antes da nosa era. A tradición di que a cidade fundou unha colonia, que foi Sagunt, en colaboración con Rutulos de Ardea (supostamente antes da guerra de Troia). Os habitantes da illa foron hostís aos lacedemonios e a algúns fugitivos de Esparta que se refuxiaron en Zakynthos.

Na guerra do Peloponeso a illa foi aliada de Atenas e no 430 a.C. os espartanos atacaron a cidade. Pouco tempo despois os atenienses utilizárona de base naval na súa expedición a Pilos. No 415 a.C. foron aliados dos atenienses na expedición a Sicilia. Logo da guerra do Peloponeso a illa foi aliada de Esparta (404-373 a.C.).

No -374 Timoteo, comandante ateniense, de regreso de Corcira, deixou algúns exiliados de Zakynthos que se estableceron nun lugar fortificado para loitar contra o goberno proespartano que pediu axuda a Esparta, que enviou unha frota de 25 barcos a Zakynthos,[2][3] pero non puido impedir a toma do poder polos demócratas. A illa axudou a Dión na súa expedición a Siracusa para expulsar ao tirano Dionisio I (-357)

Caeu baixo dominio de Macedonia cara ao -217, co rei Filipo V de Macedonia. No -211 o pretor romano M. Valerio Lavino ocupou a cidade de Zakynthos con excepción da cidadela, pero foi devolta a Macedonia. Ene o -208 foi concluída en Atamania baixo o goberno conxunto de Filipo de Megalópole e Hierocles de Akragas, que durou ata o -191, en que se integrou na Liga Aquea, pero os macedonios cedérona entón a Roma. Durante as guerras mitridáticas foi atacada polo xeneral Arquelao, que foi rexeitado.

Pertenceu ao Imperio Romano e despois ao bizantino.

No 1185 foi ocupada polo pirata Margaritone de Brindisi, ao servizo dos normandos de Sicilia pero nacido na illa. No 1194 o emperador Henrique IV ocupou Nápoles e Margaritone, que desde o 1192 fora chamado conde de Malta, foi encarcerado. Henrique IV recoñeceu a soberanía bizantina de Zante (e Cefalonia), pero a posesión da illa (e de Cefalonia e Corfú) foi conservada polos xenros de Margaritone (en Cefalonia e Zante por Ricardo Orsini e en Corfú por Leone Vetrano). Os Orsini foron recoñecidos no 1205 como condes de Cefalonia e señores de Zante ao caer o Imperio como feudatarios de Venecia, e impuxéronse logo de loitar cun pretendente feudataria do Imperio Latino no 1224. Despois foron déspotas de Epiro, e no 1324 Margarita Orsini recibiu a metade da señoría da illa en feudo de Nápoles e no 1328 o seu marido Guillerme II Tocco (un nobre napolitano co que casou cara ao 1311) recibiu a investidura por dereito uxor e gobernou a illa ata o 1357; no 1358 á morte de Nicéforo II Orsini (fillo de Xoán II Orsini, que tiña a outra metade de Zante e toda Cefalonia) os seus dereitos pasaron a Leonardo I Tocco, fillo de Guillerme II e de Margarida. No 1386 a soberanía retornou a Venecia e os Tocco continuaron como señores con Carlos I Tocco (1381-1429), Carlos II Tocco (1429-1448), Leonardo III Tocco (1448-1479, baixo rexencia da nai de 1448 ao 1460) e Antonio Tocco (1481-1485), mentres desde o 1479 ao 1481 en que foi ocupada polos otománs. Venecia anexionouse a illa e dominouna despois do 1485.

Do 1797 ao 1799 foi ocupada por Francia á que estivera cedida polo Tratado de paz de Campo Formio o 17 de outubro de 1797 e foi incluída (7 de novembro de 1797) no departamento do mar Exeo (que incluía tamén as illas Kythira, Stofadhes, e Karaiskakis). O 23 de outubro de 1798 foi ocupada polos rusos con axuda dos otománs. O xefe local Antonio Martinegos asumiu o control da illa e cando se proclamou a República das Sete Illas baixo protección conxunta de rusos e otománs (2 de abril de 1800), non a quixo recoñecer e permaneceu rebelde na illa ata 1807. O 20 de xullo de 1807 a illa, xunto coas outras illas Xónicas e os portos continentais, foi cedida a Francia que a anexionou o 13 de setembro de 1807 e o 8 de outubro de 1809 uniuna ás Provincias Ilíricas. O 16 de outubro de 1809 os británicos ocuparon Zante e despois as outras illas (1809-1810) e o 5 de novembro de 1815 proclamouse a república federal das Illas Xónicas baixo protectorado dos poderes e de facto protectorado británico. Como o resto das illas Xónicas pasou a Grecia o 1 de xuño de 1864.

Foi ocupada polos italianos o 28 de marzo de 1941, aos que substituíron os alemáns o 8 de setembro de 1943, e abandonaron a illa o 12 de outubro de 1944.

Foi parcialmente destruída por un terremoto o 12 de agosto de 1953. Terremotos de menos intensidade producíronse en abril de 2006.

Economía e clima

editar

A illa componse de chairas fértiles ao sur e de montañas ao oeste. O clima é mediterráneo. Posúe vexetación densa. Produce aceite de oliva, uva e cítricos. A illa ten aeroporto e chámase Aeroporto de Dionisos Solomos e está situado ao sueste. Tamén ao suroeste está o parque nacional mariño da illa de Zante coas famosas tartarugas da illa, as Caretta caretta unha especie en perigo de extinción que se atopa principalmente na Baía de Laganas. É famosa a uva doce da illa coa cal prodúcese a Zante currant ou pasa de Zante.

Patrimonio

editar

Os puntos principais de interese son a baía Shipwreck, o cabo Skinari e a cova azul. Na parte montañosa, as Anafontria, desde onde hai unha espléndida vista, cun mosteiro próximo. A vila montañesa de Keri, ao sur, ten un faro. As mellores praias son Porto Limnionas, Porto Vromi e Porto Zoro. Na illa dáse un fenómeno natural que son uns pozos ou fontes do que fornece auga gasificada a presión. Están a uns 20 km da capital na baía de Chieri nun val húmido. Hai na illa outras fontes minerais, probablemente de orixe volcánica.

Municipios

editar
Municipio Código Municipal Sede Código Postal
1. Alykes 1601 Katastari 290 90  
2. Arkadion 1602 Vanato 291 00
3. Artemisia 1603 Macherado 290 92
4. Elatia 1604 Volimes 290 91
5. Laganas 1606 Pantokrator 290 92
6. Zakynthos (cidade) 1605 291 00

Cidade de Zakynthos

editar

A cidade de Zante ou Zakynthos está na costa oriental. Non ten restos da antiga cidade excepto algunhas columnas e inscricións. Está nunha baía semicircular. A acrópole estaba no lugar onde despois se construíu o castelo veneciano que aínda está.

Señores de Zante

editar

Proveditori venecianos (gobernadores) de Zante

editar
  • Niccolò Foscolo 1698 - 1701
  • Constantino Michieli 1701 - 1703
  • Giambattista Lippomano 1703 - 1704
  • Niccolò Bono 1704 - 1706
  • Andrea Bono 1706 - 1708
  • Mariño da Pesaro 1708 - 1710
  • Pietro Bragadino 1710 - 1712
  • Vettore Capello 1712 - 1714
  • Girolamo Donato 1714 - 1716
  • Lucio Da Riva 1716 - 1718
  • Pietro Zambelli 1718 - 1720
  • Antonio Bembo 1720 - 1722
  • Barbarigo Balbi 1722 - 1724
  • Andrea Marcello 1724 - 1726
  • Marcantonio Dolfin 1726 - 1729
  • Almoro-Cesar Tiepolo 1729 - 1731
  • Filippo Boldú 1731 - 1733
  • Girolamo Minotto 1733 - 1734
  • Giovanni Pasqualigo 1734 - 1737
  • Pietro Donato 1737 - 1740
  • Pietro Quirini 1740 - 1742
  • Giorgio Bembo 1742 - 1744
  • Enrico Dandolo 1744 - 1746
  • Nicolò Bembo 1746 - 1748
  • Gianfrancesco Da Molin 1748 - 1750
  • Bertuccio Falier 1750 - 1752
  • Francesco-Maria Grimani 1752 - 1755
  • Nicolò Balbi 1755 - 1757
  • Luigi Zeno 1757 - 1759
  • Andrea Marin 1759 - 1761
  • Francesco Manolesso 1761 - 1763
  • Giovani Douro 1763 - 1766
  • Girolamo Donato 1766 - 1768
  • Claudio Gherardini 1768 - 1770
  • Marcantonio Trevesano 1770 - 1772
  • Francesco Pasqualigo 1772 - 1774
  • Nicolò Minio 1774 - 1777
  • Girolamo Bader 1777 - 1779
  • Iseppo Diedo 1779 - 1781
  • Marco Giorgio 1781 - 1783
  • Giovanni Pasqualigo 1783 - 1785
  • Ferigo Morosini 1785 - 1787
  • Gianfrancesco Manolesso 1787 - 1789
  • Paolo Paruta 1789 - 1792
  • Luigi Duodo 1792 - 1794
  • Glovan-Marco Balbi 1794 - 1796
  • Francesco Bragadino 1796 - xullo de 1797

Galería

editar
  1. "Population & housing census 2001 (incl. area and average elevation)" (PDF) (en grego). National Statistical Service of Greece. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2017. 
  2. Thucydides. History of the Peloponnesian War. Richard Crawley(trans). 2.8. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  3. Diodorus Siculus (1946). Library of History 4. C.H. Oldfather (trans). Loeb Classical Library. 11.84.7. ISBN 978-0-674-99413-3. Consultado o 24 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 2
todo 2