Zarzuela

xénero operístico

A zarzuela[1] é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais (sós, dúos, coros...) e partes faladas.

Doña Francisquita, zarzuela composta polo catalán Amadeu Vives.

Características

editar

O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, nome do pavillón de caza próximo a Madrid onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois. A zarzuela cultivouse con moitos acertos ao trasladarse a Cuba, onde destacaron os compositores Gonzalo Roig e Ernesto Lecuona, e Rodrigo Prats, Eliseo Grenet e a Venezuela, con José Ángel Montero e Pedro Elías Gutiérrez.

 
O zoqueiro de Vilaboa, boceto de zarzuela gallega n'un acto e tres cuadros, de Alfredo Nan de Allariz.

Zarzuela en Galiza

editar

Tamén en Galiza o xénero acadou certa relevancia con figuras como Gustavo Freire, compositor da zarzuela galega de posguerra Non chores, Sabeliña (1943)[2] ou con Ramón Armada Teixeiro e a súa composición da primeira zarzuela en galego (estreada o 10 de abril de 1886), titulada ¡Non máis emigración![3]

  1. "zarzuela". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2255. 
  2. Edítase a zarzuela Non chores, Sabeliña Nova aparecida en Culturagalega.org o 16 de decembro de 2009
  3. Armada Teixeiro: un dos grandes representantes do xornalismo galego na Cuba do XIX, en Culturagalega.org

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1