Zenón (emperador)

Emperador do Imperio Romano de Oriente (425-491)

Imperator Caesar Flavius Zeno Augustus, tamén chamado Tarasicodissa, Trascalissaeus ou Zenón[1], nado c. 425 e finado en 491, foi o emperador bizantino dende o 9 de febreiro de 474 ata o 9 de abril de 491. As revoltas internas e as loitas relixiosas estendéronse durante todo o seu reinado, no que malia todo conseguiu certos éxitos nas relacións exteriores. Era o emperador en Oriente, a cuxa estabilidade contribuíu en gran medida, cando tivo lugar a caída oficial do Imperio Romano de Occidente.

Modelo:BiografíaZenón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Ζήνων
(la) Flavius Zeno Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento425 Editar o valor en Wikidata
Zenopolis in Isauria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 491 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedisentería Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
agosto de 476 – 9 de abril de 491
← BasiliscoAnastasio I →
Emperador bizantino
9 de febreiro de 474 – 9 de xaneiro de 475
← León IIBasilisco →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino, Baixo Imperio Romano, Antigüidade tardía e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
476deposición de Rómulo Augústulo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Leo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAriadna (emperatriz) Editar o valor en Wikidata
FillosLeón II Editar o valor en Wikidata
IrmánsLonginus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata


Traxectoria

editar

Tarasicodissa, como era coñecido na súa mocidade, foi un guerreiro isaurio da rexión que na actualidade é Armenia. Considérase que os isaurios eran os antepasados dos actuais kurdos e os romanos tíñanos por bárbaros malia que foran cidadáns romanos durante máis de dous séculos. Así, unha serie de afortunados sucesos levarían finalmente a Zenón ao trono de Constantinopla.

A súa fama como guerreiro non pasaría desapercibida ao emperador León I a mediados da década de 460, cando León estaba buscando alternativas ao crecente uso no seu exército de mercenarios pouco fiábeis procedentes de distintos pobos xermánicos. En 466 Tarasicodissa desenmascarou a traizón de Ardaburio, o fillo de Aspar, o magister militum alano para Oriente, e fíxose así aínda máis indispensábel. Cara a 468, cando os xenerais de León conduciron á frota bizantina ao desastre na campaña contra os vándalos, Tarasicodissa pasou a ser considerado o mellor xeneral do emperador León. Durante unha campaña en Tracia, escapou por pouco dun asasinato instigado por Aspar. Cando Tarasicodissa volveu á capital, deuse morte a Aspar por orde de León, e Tarasicodissa obtivo o cargo de magister militum por propio dereito.

Para resultar máis facilmente aceptado pola xerarquía romana e a poboación grega de Constantinopla, Tarasicodissa adoptou o nome grego de Zenón, que usaría durante o resto da súa vida, tralo seu matrimonio con Ariadna, a filla de León, en 468. Aínda que este matrimonio tiña a finalidade de que León se asegurase o apoio isaurio fronte ao ambicioso ministro Aspar, o acordo político daría lugar a un fillo que chegaría a ser o emperador León II trala morte do seu avó en 473.

 
Relevo de Ariadna, filla maior do emperador León I e muller de Zenón.

Mentres tanto, Zenón seguiu dirixindo os exércitos orientais e obtendo grandes éxitos, en especial a expulsión dos vándalos de Epiro, que invadiran en 469 como parte da vinganza do rei Xenserico polo ataque sufrido o ano anterior. Tamén dirixiu as tropas contra as incursións dos hunos e xépidos ao sur do río Danubio. Como León II era moi novo para gobernar por si mesmo, Ariadna e a nai desta, Verina, convencérono para que coroase coemperador a Zenón o 9 de febreiro de 474. Cando León caeu doente e morreu o 17 de novembro seguinte, Zenón converteuse no único emperador.

Zenón seguiu sendo impopular entre o pobo e o Senado por mor da súa orixe "estranxeira". Unha revolta instigada por Verina a favor do seu irmán Basilisco en xaneiro de 475 e a aversión que se sentía en Constantinopla ante os seus soldados e funcionarios isaurios, obrigárono a fuxir da capital e instalarse en Antioquía. Zenón viuse obrigado a encerrarse nunha fortaleza, e pasou os seguintes 20 meses recrutando un exército, en gran medida composto por compatriotas isaurios, ata que marchou sobre Constantinopla en agosto de 476. O crecente caos e a impopularidade de Basilisco facilitáronlle a entrada na capital sen oposición en 476, despois de que un exército dirixido polo xeneral Ilo se pasase a bando de Zenón. O seu rival foi deportado a Frixia, onde morreu pouco despois.

Restaurado no seu goberno de todo o imperio, Zenón viuse obrigado dous meses despois a tomar unha decisión transcendental, cando Odoacro depuxo ao último emperador de Occidente e pediu que Zenón o recoñecese como funcionario patricio da súa corte, pretendendo así gobernar sen emperador. Zenón concedeullo, e deste xeito converteuse teoricamente no primeiro emperador dun Imperio Romano unificado desde 395. En realidade, simplemente se desentendeu de Occidente ata algúns anos máis tarde, cando Odoacro comezou a violar os pactos do seu acordo con Zenón.

Na mesma época, Zenón enviou unha misión a Cartago coa intención de chegar a unha acordo de paz permanente con Xenserico, que seguía dirixindo constantes ataques contra as cidades de Oriente e o comercio marítimo. Ao recoñecer a Xenserico como un rei independente e aceptar toda a extensión das súas conquistas, Zenón logrou impoñer unha paz que duraría máis de 50 anos e que acabou cos ataques vándalos a Oriente, ademais de conseguir a liberdade relixiosa para os católicos que vivían baixo o poder alano.

Pero desde 472, os ataques dos dous xefes ostrogodos, Teodorico o Grande e Teodorico Estrabón convertéronse nunha constante fonte de perigo. Aínda que Zenón nalgunhas ocasións puido neutralizalos, enfrontando a un contra o outro, eles pola súa banda souberon utilizar as rivalidades dinásticas bizantinas no seu proveito, e só puido evitar que atacasen a propia Constantinopla ofrecéndolles pagos ou altos postos militares.

Zenón sobreviviu a outra revolta en 478, cando a súa nai política Verina intentou matar a Illus pola defección deste do seu irmán Basilisco. A revolta foi dirixida por Marciano (xenro de Verina) e o ostrogodo Teodorico Estrabón, pero de novo Illus demostrou a súa fidelidade a Zenón, reprimindo a revolta. Con todo, Illus e Zenón distanciáronse cara a 484, cando de novo Zenón tivo que reprimir unha gran revolta en Oriente. En 487 induciu a Teodorico, fillo de Teodomiro, a que invadise Italia e establecese alí o seu novo reino.

Trala morte de Teodorico Estrabón en 481, o futuro Teodorico o Grande alzouse como rei de toda a nación ostrogoda, e comezou a ser unha fonte de problemas na península Balcánica. Zenón desfíxose do problema enviándoo a Italia a loitar contra Odoacro, conseguindo así eliminar a presenza xermánica de Oriente.

Zenón morreu o 9 de abril de 491, tras reinar durante 17 anos e 2 meses. Como el e Ariadna non tiveran outros descendentes, a súa viúva escolleu a un membro principal da corte imperial, Anastasio, para sucedelo.

Zenón aparece descrito polas fontes como un gobernante indolente, pero en realidade parece que foi capaz de administrar os recursos do Imperio de modo que o deixou considerabelmente máis forte trala súa morte. Na historia eclesiástica, Zenón figura unido ao Henoticon ou instrumento de unión, promulgado por el mesmo e asinado polos bispos orientais coa intención de acabar coa controversia monofisita.

Imperio Bizantino

Segue a:
León II (emperador)
Zenón (emperador)
Precede a:
Anastasio I (emperador)
dinastía de León
  1. "Zenón". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2256. 
  NODES
admin 1
INTERN 1
todo 5