Zico España
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Zico (homónimos).
Zico España é unha empresa galega especialista en roupa deportiva, con sede no Porriño, coñecida pola súa marca Zico.
Zico | |
---|---|
Tipo | Sociedade limitada |
Fundación | Anos 80 |
Localización | O Porriño, Galicia |
Persoas clave | José González |
Industria | Téxtil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarFundada nos anos oitenta como empresa mixta co xogador brasileiro de fútbol Zico, posteriormente este apartouse da empresa e quedou o nome para a compañía porriñesa.
Produce roupa deportiva propia, e ademais viste equipos de diversos deportes, pero especialmente fútbol e ciclismo. Zico vestiu durante os tres primeiros anos (2005–2007) a selección galega de fútbol, e tamén ao Karpin Galicia.
A marca tamén patrocinou os premios anuais do deporte galego en 2006, que se chamaron Premios Zico.