Vento ferido

libro de relatos de Carlos Casares

Vento ferido é un libro de Carlos Casares, conxunto de doce relatos breves, sobre a violencia e o fatalismo. Foi publicado pola editorial Galaxia en 1967.

Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada.

Coma lobos

editar
"Mandárono subir á camioneta branca e marcharon con el cara ó monte do Sarnadoiro. O demais xa o sabes ti. Apareceu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasou. E é mellor calar. Tamén calou o médico cando lle levaron ao fillo."

Cando cheguen as chuvias

editar
"Cando cheguen as chuvias, meu amor, ¿que faremos?" Estana tocando agora. El pecha os ollos e ve as parellas que se moven en silencio, a modiño, cheas da tristeza desta melodía lenta que se vai metendo, metendo ata que se senten as cóxegas nos riles e despois na caluga. "Cando cheguen as chuvias, meu amor, ¿que faremos?"

Agarda longa ao sol

editar
"Atoxou as moscas, que lle picaban na cara. Despois moveuse na cadeira e ficou, outra vez, cos ollos fixos na casa branca de enfrente.
Oía os ruídos da rúa, que lle chegaban monótonos, obsesivos. Voces, coches, motos. E os martelazos con son a ferro do taller mecánico.
Serían as seis e media. A sombra da casa branca aínda non baixara da acera."

A tronada

editar
"Saíu á porta e mirou para o ceo. Estaba azul. Alguén lle preguntou desde dentro:
—¿Que tal fai?
—Aínda non se ven nubes —respondeu.
Pero el estaba seguro. Tiña que vir. Doíalle unha perna e sentía como un niño de vésporas no corazón."

Véxase tamén

editar

Outras páxinas

editar
  NODES
todo 1