Wikiquote:Cita da semana
Cita da semana é unha páxina na que se recollen citas para colocar na portada que aparecen durante unha semana. Escóllense de entre as que xa figuran en Wikiquote. Pódeas modificar e mellorar. A cita desta semana é:
Wikiquote:Cita da semana/52 2024 |
Para colocar unha Cita da semana nova clica na ligazón correspondente e copia a cita (que debería estar xa na Galicitas), poñendo o texto en cursiva e a continuación, separado por un punto, o nome do autor con vínculo.
2005
editarDecembro
editar- Semana 51 2005: Cometer un erro e non o corrixir é outro erro. Confucio.
- Semana 52 2005: Unha soa man non pode aplaudir. Proverbio árabe.
2006
editarXaneiro
editar- Semana 1 2006: Se conseguín ver máis lonxe, é porque me apoiei nos ombros de xigantes. Albert Einstein.
- Semana 2 2006: Un intelectual é unha persoa que descubriu algo máis interesante que o sexo. Aldous Huxley.
- Semana 3 2006: Se un experto di que non se pode facer, collede outro experto. David Ben-Gurion.
- Semana 4 2006: A maior felicidade para o maior número é o fundamento da moral e a lexislación. Jeremy Bentham.
Febreiro
editar- Semana 5 2006: Tense definido o home como "un animal que ri". Poderíanno tamén ter definido apropiadamente como un animal do que se rin. Henri Bergson.
- Semana 6 2006: «Repolo», n. Hortaliza familiar tan grande e intelixente como a cabeza dun home. Ambrose Bierce.
- Semana 7 2006: Tres cuartos das miserias e malentendidos do mundo desaparecerán se nos colocarmos no lugar dos nosos adversarios e entendermos o punto de vista deles. Mahatma Gandhi.
- Semana 8 2006: Non somos ricos por causa das cousas que posuímos, mais polo que podemos facer sen posuílas. Immanuel Kant.
Marzo
editar- Semana 9 2006: Case sempre as minorías criativas e dedicadas tornan o mundo mellor. Martin Luther King.
- Semana 10 2006: O tempo é o mellor autor. Sempre atopa un final perfecto. Charles Chaplin.
- Semana 11 2006: Se ao lado da biblioteca houber un xardín, nada faltaría. Cicerón.
- Semana 12 2006: A historia da sociedade até aos nosos días é a historia da loita de clases. Karl Marx.
- Semana 13 2006: A falsa ciencia xera ateos; a verdadeira ciencia leva os homes a se combar diante da divindade. Voltaire.
Abril
editar- Semana 14 2006: Se o deshonesto soubese a vantaxe de ser honesto, sería honesto ao menos por deshonestidade. Sócrates.
- Semana 15 2006: O desexo de conquistar é algo extraordinario e natural, e aqueles que se entregan a tal desexo cando posúen os medios para realizalo son antes louvados que censurados. Maquiavelo.
- Semana 16 2006: Os sabios aprenden máis dos parvos que os parvos dos savios. Catón o Censor.
- Semana 17 2006: Dame mil bicos, logo cen. Catulo.
Maio
editar- Semana 18 2006: Cando partas para Ítaca, pide que o teu camiño sexa longo. Kavafis.
- Semana 19 2006: A Galia toda está dividida en tres partes. Xulio César.
Decembro
editar- Semana 52 2006: É detestábel esa avaricia espiritual que teñen os que sabendo algo, non procuran a transmisión de eses coñecementos. Miguel de Unamuno.
2007
editarXaneiro
editar- Semana 1 2007: Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
2009
editarSetembro
editar- Semana 37 2009: Todo comezo é difícil. Proverbio alemán.
- Semana 38 2009: O xabón é para o corpo, o que as bágoas para a alma. Proverbio xudeu.
- Semana 39 2009: Nunca houbo unha boa guerra ou unha mala paz. Benjamin Franklin.
- Semana 40 2009: Cando unha lingua morre, os seus antepasados morren por segunda vez. Anónimo.
- Semana 41 2009: A liberdade cando comeza a botar raíces, é unha planta de rápido desenvolvemento. George Washington.
- Semana 42 2009: A sexualidade é o lirismo das masas. Baudelaire.
- Semana 43 2009: Só despois de perdelo todo somos libres de facer calquera cousa. Fight Club (filme).
- Semana 44 2009: Coa vida ocorre o mesmo que cos chistes: o importante non é o que duran, é o que fan rir. Anthony de Mello.
- Semana 45 2009: Vana é a Filosofía que non cura as feridas da alma. Epicuro de Samos.
- Semana 46 2009: Un pequeno paso para o home, un salto enorme para a humanidade. Neil Armstrong.
2011
editarMarzo
editar- Semana 9 2011: Eu son un cidadán do mundo, coñecido por todos e para todos un estraño. Erasmo de Róterdam.
- Semana 10 2011: A cabra co vicio mete os cornos no cu. Proverbio galego.
- Semana 11 2011: Todo home reza no seu propio idioma. Duke Ellington.
- Semana 12 2011: Ollo por ollo e o mundo rematará cego. Mahatma Gandhi.
- Semana 13 2011: Oímos o tempo que patea ás nosas portas, como un exército de demos descalzos. Cada día é un demo, cada hora é un demo, cada minuto é un demo. Ninguén se dá conta, ninguén se atreve a mencionalo? Terei, pois, que recordarvos, con espanto, que cada día, cada hora, cada minuto fainos menos novos, menos fortes, menos eternos? Marco Aurelio.
Abril
editar- Semana 14 2011: Do mesmo xeito que non sería un escravo, tampouco sería un amo. Isto expresa a miña idea da democracia. Abraham Lincoln.
- Semana 15 2011: O presente non contén nada máis que o pasado, e o que atopamos no efecto estaba xa na causa. Henri Bergson.
- Semana 16 2011: O valor das cousas non está no tempo que elas duran, mas na intensidade con que acontecen. Por iso existen momentos inesquecíveis, cousas inexplicables e persoas incomparables. Fernando Pessoa.
- Semana 17 2011: Visto un león, están vistos todos, máis visto un home, só está visto un, e ademais mal coñecido. Baltasar Gracián.
Maio
editar- Semana 18 2011: Sóupose que a bañeira fora mercada nunha abadía mui notada de monxas, que chamaban Fossano, e que era a bañeira que tiñan as abadesas para bañarse por Pascoa e por San Martiño, i as monxas por San Pedro, e que non era tal bañeira, senón un demo que se trocara nela por ver, ao seu tempo, ás señoras monxas en coiros. Merlín e familia.
- Semana 19 2011: Nun bico, saberás todo o que calei. Pablo Neruda.
- Semana 20 2011: Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. Lois Pereiro.
- Semana 21 2011: Cando vostede elimina o imposible, o que sobra por máis incrible que pareza só pode ser verdade. Arthur Conan Doyle.
Xuño
editar- Semana 23 2011: "Saíu á porta e mirou para o ceo. Estaba azul. Alguén lle preguntou desde dentro:
—¿Que tal fai?
—Aínda non se ven nubes —respondeu.
Pero el estaba seguro. Tiña que vir. Doíalle unha perna e sentía como un niño de vésporas no corazón."
- Semana 24 2011: Cando vostede elimina o imposible, o que sobra por máis incrible que pareza só pode ser verdade. Pío Baroja.
- Semana 25 2011: É moito máis probábel morrer dunha enfermidade do corazón ou de cancro que dun ataque terrorista, pero a xente come, bebe e fuma despreocupadamente e teme ser vítima do terrorismo. Eduard Punset.
Agosto
editar- Semana 31 2011: A novela son eu; eu son as miñas propias historias. Franz Kafka.
Setembro
editar- Semana 36 2011: Artigo 1.º Galicia organízase como rexión autónoma no Estado español, consonte a Constitución da República e o presente Estatuto. Estatuto de Galicia de 1936
Outubro
editar- Semana 43 2011: Pobre país, si, o que cifra toda as súas esperanzas no AVE que o leve a Madrid! Manuel Rivas.
2012
editarMaio
editar- Semana 20 2012:[1] A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño. Valentín Paz-Andrade. O porvir da lingua.
2013
editar- Semana 39 2013: "Ás veces cómpre mentir. Frecuentemente hai que distorsionar unha cousa para captar o seu espírito verdadeiro." Robert Flaherty.
- Semana 40 2013: "Se non pasa nada, teremos que facer algo para remedialo: inventar a realidade". William Randolph Hearst (San Francisco, 1863 - Beverly Hills, 1951).
- Semana 41 2013: "A alimentación correcta dirixe a enerxía sexual ás áreas que importan." Barbara Cartland.
- Semana 42 2013: "O tempo foxe irreparablemente."("Fugit irreparabile tempus."). Virxilio.
- Semana 43 2013: "A eternidade está namorada das obras do tempo." William Blake.
- Semana 44 2013: "Se Deus non existise, sería necesario inventalo." Voltaire.
- Semana 45 2013: "Se vostedes en 300 anos, dende 1714 até agora, non teñen aprendido sequera a dicir Josep-Lluís, pero saben dicir Schwartzenegger ou Shevardnadze, vostedes teñen un problema, non eu." Josep-Lluís Carod-Rovira.
- Semana 46 2013: "Non se pode ser creativo a non ser que un se faga disidente, en especial nun sistema construído sobre a inxustiza." Nawal el Saadawi.
- Semana 47 2013: "Todo home reza no seu propio idioma." Duke Ellington.
- Semana 48 2013: "Nesta vida o máis importante non é caerse, senón erguerse con máis forza." Juan José Ibarretxe.
- Semana 49 2013: "Unha nación, en calquera período, é tres cousas: a primeira é unha relación co pasado, a segunda unha relación co presente, nacional e estranxeiro, a terceira, unha dirección para o futuro." Fernando Pessoa.
- Semana 50 2013: "Non preguntes o que o teu país pode facer por ti, pregunta o que ti podes facer polo teu país." John F. Kennedy.
- Semana 51 2013: "Un nunca presta atención ao que fixo; un só pode ver o que lle queda por facer." Marie Curie.
- Semana 52 2013: "Jazz é unha palabra dos brancos para definir os negros. A miña música é música clásica negra." Nina Simone.
- Semana 53 2013: "Nun bico, saberás todo o que calei." Pablo Neruda.
2014
editar- Semana 1 2014: Nun bico, saberás todo o que calei. Pablo Neruda.
- Semana 2 2014: A novela son eu; eu son as miñas propias historias. Franz Kafka.
- Semana 3 2014: O diñeiro non dá a felicidade, certamente; mais tampouco é un serio obstáculo. Josep Pla.
- Semana 4 2014: Non hai amizade, que por máis profunda que sexa, que resista unha serie de canalladas. Jô Soares.
- Semana 5 2014: Os meus ollos xa non saben senón contemplar días e soles perdidos. Salvador Espriu.
- Semana 6 2014: Primeiro vivir e logo filosofar. Proverbio latino.
- Semana 7 2014: O estudo profundo da natureza é a fonte máis fértil de descubrimentos matemáticos. Joseph Fourier.
- Semana 8 2014: Sempre soñei co día en que o computador fose tan doado de utilizar coma o teléfono. E ese soño cumpriuse, xa non dou entendido como funciona o teléfono. Bjarne Stroustrup.
- Semana 9 2014: Os sabios falan porque teñen algo que dicir. Os parvos falan porque teñen que dicir algo. Platón.
- Semana 10 2014: Non é difícil gobernar Italia. É inútil. Benito Mussolini.
- Semana 11 2014: O home está só/procurando o oriente/onde a melancolía na escura cara aparece/vermello como está o leste de Haehnekraehen. Nelly Sachs.
- Semana 12 2014: É tan curto o amor e tan longo o esquecemento. Pablo Neruda.
- Semana 13 2014: Canto máis coñezo os homes máis me gusta meu can. Oscar Wilde.
- Semana 14 2014: Non sabedes o que me gustaría ter nacido muller e, por suposto, ser lesbiana. Álvarez Rabo.
- Semana 15 2014: A incapacidade de comprender o presente nace inexorablemente da ignorancia do pasado. Marc Bloch.
- Semana 16 2014: Con amor e paciencia, nada é imposíbel. Daisaku Ikeda.
- Semana 17 2014: A soberanía non se discute, deféndese coas armas na man. Augusto César Sandino.
- Semana 18 2014: Na política hai inimigos, inimigos mortais e compañeiros de partido. Konrad Adenauer.
- Semana 19 2014: O can é o mellor amigo do home. Anónimo.
- Semana 20 2014: O idioma castelán non é axeitado para a expresión da alma galega. Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
- Semana 21 2014: As linguaxes de programación son de baixo nivel cando nos programas hai que prestarlle atención ao irrelevante. Alan J. Perlis.
- Semana 22 2014: Boca bicada non perde fortuna, incluso renova como fai a lúa. Giovanni Boccaccio.
- Semana 23 2014: É bo para este exército proporse como a súa meta máis alta desaparecer. Subcomandante Marcos.
- Semana 24 2014: O galego-português será falado no ano 2000 por 200 millóns de seres, entre galegos, portugueses e brasileiros. Cando se logre a unificación ortográfica, a que haberá de chegarse, é indubidábel que a lingua galega non será un cemiterio lingüístico, como o holandés, poñamos por caso. Álvaro Cunqueiro.
- Semana 25 2014: A liberdade política sen igualdade económica é unha pretensión, unha fraude, unha mentira; e os traballadores non queren que se lles minta. Mikhail Bakunin.
- Semana 26 2014: Quen vive de esperanzas, corre o risco de morrer de fame. Benjamin Franklin.
- Semana 27 2014: A única igrexa que ilumina é a que arde. Buenaventura Durruti.
- Semana 28 2014: As paixóns teñen causas e non principios. Antístenes.
- Semana 29 2014: A rúa é miña! Manuel Fraga.
- Semana 30 2014: Non logramos cambiar as cousas para que se adapten aos nosos desexos, pero pouco a pouco os nosos desexos mudan. Marcel Proust.
- Semana 31 2014: Quen controla o pasado controla o futuro. George Orwell.
- Semana 32 2014: Un xenio é 1% de inspiración e 99% de transpiración. Thomas Edison.
- Semana 33 2014: Atopeino! / Téñoo! ("εύρηκα 'eureka!'"). Arquímedes.
- Semana 34 2014: Apoiarei a reforma do estatuto de Cataluña que aprobe o Parlamento de Cataluña. José Luis Rodríguez Zapatero.
- Semana 35 2014: Errar é humano, perdoar é divino. Alexander Pope.
- Semana 36 2014: A primeira e a máis simple das emocións que descubrimos na mente humana é a curiosidade. Edmund Burke.
- Semana 37 2014: En tempos de guerra son os pais os que enterran os fillos. Heródoto.
- Semana 38 2014: Cheguei, vin, vencín. Xulio César.
- Semana 39 2014: Keynes chegou a conclusións que son máis taxantes, máis evidentes e máis edificantes que calquera outra dun revolucionario comunista. Lenin.
- Semana 40 2014: Soño co día no que a xustiza correrá como auga e a rectitude como un caudaloso río. Martin Luther King.
- Semana 41 2014: Se eu che debo unha libra, teño un problema; pero se che debo un millón, o problema é teu. John Maynard Keynes.
- Semana 42 2014: As mulleres son extremas: ou mellor ou peor que o home. Jean De La Bruyère.
- Semana 43 2014: Sen dúbida non hai progreso. Charles Darwin (1809 - 1882).
- Semana 44 2014: A nosa sociedade é moi moral e moi pouco espiritual. Non hai respostas para cuestións como a morte, o amor ou o aburrimento. Antes ocupábase delas a relixión, agora non se ocupa ninguén. Luc Ferry.
- Semana 45 2014: Cuspídeme unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. Lois Pereiro.
- Semana 46 2014: Un pequeno paso para o home, un salto enorme para a humanidade. Neil Armstrong.
- Semana 47 2014: O desexo de destrución é tamén un desexo creativo!. Mikhail Bakunin.
- Semana 48 2014: Vale máis actuar expoñéndose a arrepentirse, que arrepentirse de non ter feito nada. Giovanni Boccaccio.
- Semana 49 2014: Quen é amigo de todos, non é amigo de ninguén. Arthur Schopenhauer (1788 - 1860).
- Semana 50 2014: Podes descubrir máis sobre unha persoa nunha hora de brincadeira que nun ano de conversa. Platón.
- Semana 51 2014: Nin Deus podería afundir este barco. Un membro da tripulación do Titanic a unha pasaxeira.
- Semana 52 2014: O riso é a distancia máis curta entre dúas persoas. Victor Borge.
- Semana 53 2014: A verdade é o berro de todos, mais o xogo dos poucos. George Berkeley (1685-1753).
2015
editar- Semana 1 2015: A verdade é o berro de todos, mais o xogo dos poucos. George Berkeley (1685-1753).
- Semana 2 2015: Tiven que aprender ruso, unha lingua fermosa e extraordinaria. Unha mestura de testosterona e ballet. Mark Shuttleworth.
- Semana 3 2015: O contrario do amor non é odio, é a indiferenza. O contrario da beleza non é a fealdade, é a indiferenza. O contrario da fe non é a herexía, é a indiferenza. E o contrario da vida non é a morte, senón a indiferenza entre a vida e a morte. Elie Wiesel.
- Semana 4 2015: A vaca marela, do corno virado, pícalle a mosca debaixo do rabo. Proverbio galego.
- Semana 5 2015: Todos os profetas armados venceron, e os desarmados foron destruídos. Maquiavelo.
- Semana 6 2015: O aspecto exterior pregoa moitas veces a condición interior do home. William Shakespeare (1564-1616).
- Semana 7 2015: "Un hippie é alguén que ten o aspecto de Tarzán, anda como Jane e ole como Cheetah." Ronald Reagan.
- Semana 8 2015: Non se pode ser e non ser algo ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto. Aristóteles.
- Semana 9 2015: Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo. Arquímedes.
- Semana 10 2015: Bach é o Antigo Testamento e Beethoven o Novo Testamento da música. Hans von Bülow (1830-1894).
- Semana 11 2015: O amor é a cousa máis doce, pero tamén a máis amarga. Eurípides de Salamina.
- Semana 12 2015: Non falen mal da masturbación. É sexo con alguén que amo. Woody Allen.
- Semana 13 2015: O home é a medida de todas as cousas. Protágoras de Abdera.
- Semana 14 2015: A dor é un recordatorio de que non somos eternos. Salvador Bañuelos.
- Semana 15 2015: Nada é tan fatal para o progreso da mente humana como supoñer que os nosos puntos de vista sobre a ciencia son os derradeiros, que non hai misterios na natureza, que os nosos triunfos son completos, e que non hai novos mundos que conquistar. Humphry Davy.
- Semana 16 2015: O casamento é un erro da xuventude que todos deberiamos cometer. Don Herold.
- Semana 17 2015: A variedade é a esencia da vida. Toda a vida está asentada na diferenza. Agustín Fernández Paz.
- Semana 18 2015: Aprendín que hai dous xeitos de apropiarse de algo, os que o pagan con cartos e os que son donos do lugar porque o lugar entrou na súa alma. Barbara Probst Salomon.
- Semana 19 2015: Un réxime pode, por razóns políticas, optar pola bancarrota económica. Jean-François Revel (1924-2006).
- Semana 20 2015: A bo gato, bo rato. Proverbio francés.
- Semana 21 2015: Un paso adiante i outro atrás, Galiza. Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
- Semana 22 2015: As relixións son como vagalumes: para brillar precisan das tebras. Arthur Schopenhauer (1788 - 1860).
- Semana 23 2015: "Nunha guerra de ideas, é a xente a que morre". Stanisław Jerzy Lec (1909 - 1966).
- Semana 24 2015: Sen principios comúns, non paga a pena discutir. Confucio (551 a.C. - 479 a.C.).
- Semana 25 2015: Traballo á présa para vivir amodo. Montserrat Caballé.
- Semana 26 2015: O que pensa na morte está xa morto a medias. Heinrich Heine.
- Semana 27 2015: O que se le sen esforzo ningún, escribiuse sempre con gran esforzo. Enrique Jardiel Poncela (1901-1952).
- Semana 28 2015: A vida é unha cousa fermosa, magnífica, mesmo para unha medusa. Charles Chaplin.
- Semana 29 2015: O tirano morre e o seu reino termina. O mártir morre e o seu reino comeza. Søren Kierkegaard.
- Semana 30 2015: Sen ter visto nin sabido nada na súa breve vida, o home parece como o fume, substancia efémera. Empédocles.
- Semana 31 2015: Denantes mortos que escravos. Castelao.
- Semana 32 2015: Que significa 'entender'?... Non o sei. Richard Feynman.
- Semana 33 2015: A felicidade non existe. O único que existe é o desexo de ser feliz. Anton Chekhov.
- Semana 34 2015: Quen non se achega non toca. Proverbio xaponés.
- Semana 35 2015: Se de noite choras polo sol, non verás as estrelas. Rabindranath Tagore.
- Semana 36 2015: Extraño desexo é procurar o poder e perder a liberdade. Francis Bacon.
- Semana 37 2015: Prefiro morrer de pé que vivir axoenllado. Che Guevara.
- Semana 38 2015: Ninguén será xeneroso se non for, ao mesmo tempo, xusto. Cicerón.
- Semana 39 2015: Todos os nenos, excepto un, medran. J. M. Barrie.
- Semana 40 2015: Non se debe confundir a verdade coa opinión da maioría. Jean Cocteau.
- Semana 41 2015: Nada hai máis terríbel que unha ignorancia activa. Goethe.
- Semana 42 2015: Saber é poder. Auguste Comte.
- Semana 43 2015: Todas as cousas que me gustan ben facer ou son ilegais, ou inmorais ou engordan. Alexander Woollcott.
- Semana 44 2015: Como non me preocupei de nacer, non me preocupo de morrer. Federico García Lorca.
- Semana 45 2015: Non hai documento de civilización que non sexa ao mesmo tempo un documento da barbarie. Walter Benjamin.
- Semana 46 2015: O que sabemos é unha pinga de auga; o que ignoramos é o océano. Isaac Newton.
- Semana 47 2015: A violencia é o último refuxio da incompetencia. Isaac Asimov.
- Semana 48 2015: Ás veces un berro é mellor ca unha tese. Ralph Waldo Emerson.
- Semana 49 2015: Se non participas na loita, participas na derrota. Bertolt Brecht.
- Semana 50 2015: Primeiro viñeron polos comunistas; eu calei pois non era comunista. Entón viñeron polos xudeus, e calei pois non era xudeu. Logo viñeron polos católicos; calei pois eu era protestante. Entón viñeron por min; ninguén falou pois xa non quedaba ninguén. Martin Niemöller.
- Semana 51 2015: Non temos por que aceptar o mundo tal como o atopamos ó nacer.Ariel Dorfman.
- Semana 52 2015: A vida só pode ser comprendida mirándose cara atrás, pero só pode ser vivida mirándose para diante. Søren Kierkegaard.
- Semana 53 2015: Todos ven aquilo que pareces, poucos senten o que es. Maquiavelo.
2016
editar- Semana 1 2016: Todos ven aquilo que pareces, poucos senten o que es. Maquiavelo.
- Semana 2 2016: Quen nunca fixo unha tolada, nunca fará nada interesante. Proverbio inglés.
- Semana 3 2016: O bo, se breve, dúas veces bo. Baltasar Gracián.
- Semana 4 2016: A soidade crea persoas de enxeño ou imbéciles. Victor Hugo.
- Semana 5 2016: Gústame un home que sorrí mentres loita. Winston Churchill.
- Semana 6 2016: Cando unha batalla está perdida, soamente os que fuxiron poden combater na seguinte. Demóstenes.
- Semana 7 2016: A verdade persuade mediante a docencia, mais non mediante a persuasión. Tertuliano.
- Semana 8 2016: Non podemos bañarnos dúas veces no mesmo río. Heráclito de Éfeso.
- Semana 9 2016: O coidado da vida humana e da felicidade, e non a súa destrución, é o primeiro e único obxectivo lexítimo dun bo goberno. Thomas Jefferson.
- Semana 10 2016: Cando o home se mira moito a si mesmo, chega a non saber cal e a súa cara e cal a súa carauta. Pío Baroja.
- Semana 11 2016: Cando o carro rompa, moitos nos dirán por onde non se debía pasar. Proverbio turco.
- Semana 12 2016: Sempre preferín a reflexión sobre a vida á vida mesma. François Truffaut.
- Semana 13 2016: A primeira cousa que un home fará polos seus ideais é mentir. Joseph Schumpeter.
- Semana 14 2016: A arte da vida, da vida do poeta, é estar ocupado sen ter nada que facer. Henry David Thoreau.
- Semana 15 2016: No xadrez, o vencedor é aquel que fai a xogada seguinte ao último erro da partida. Savielly Tartakower.
- Semana 16 2016: Un amigo con poder é un amigo perdido. Henry Adams.
- Semana 17 2016: Moitas veces non temos tempo para dedicarllelo aos amigos, mais para os inimigos temos todo o tempo do mundo. Leon Uris.
- Semana 18 2016: O feito de que unha opinión sexa amplamente compartida non é ningunha evidencia de que non sexa completamente absurda; de feito, á vista da maioría da humanidade, é máis probábel que unha opinión difundida sexa máis estúpida que sensata. Bertrand Russell.
- Semana 19 2016: "É a capacidade de escoller o que nos fai humanos." Madeleine L'Engle.
- Semana 20 2016: "Chegará o día en que todo home coñecerá o íntimo dun animal. E nese día, todo crime contra o animal será un crime contra a humanidade." 'Leonardo da Vinci.
- Semana 21 2016: "O home está sempre disposto a negar todo aquilo que non comprende." - Pascal.
- Semana 22 2016: "Os males que padece o ser humano, principalmente, veñen del mesmo." - Plinio o Vello
- Semana 23 2016: "A canción popular máis humilde, cando é imbuída de humanidade, é poesía." - Benedetto Croce
- Semana 24 2016: "Enganármonos é o prezo de pensarmos [...] a humanidade reina grazas á ousadía dos seus erros." - Alain
- Semana 25 2016: "Cada un pensa en cambiar a humanidade, mais ninguén pensa en cambiarse a sí mesmo." - Lev Tolstoi
- Semana 26 2016: Actúa de acordo cun principio que poida seguramente tornarse unha lei válida para todo o mundo. Immanuel Kant.
- Semana 27 2016: "Traballa, meu preguizoso! Ouro é o tempo que se perde / non debes ser ocioso." Adelina Lopes Vieira
- Semana 28 2016: "O amor é un non sei o que, que xorde non sei de onde e acaba non sei como." Madeleine de Scudéry.
- Semana 29 2016: "A liberdade é grande demais para ser enfiada pola soleira dunha porta pechada." Harvey Milk.
- Semana 30 2016: "Nós estamos sempre na nosa propia compaña." Friedrich Nietzsche.
- Semana 31 2016: "Esta vida é un puñal de dous gumes fatais: non amar é sufrir; amar é sufrir máis." Menotti del Picchia.
- Semana 32 2016: "Ser feliz é unha virtude e das máis poderosas." Arthur de Gobineau.
- Semana 33 2016: É mellor ser odiado polo que es, que ser amado polo que non es. André Gide.
- Semana 34 2016: "Se non queres que se saiba, non o fagas." - Proverbio chinés
- Semana 35 2016: "Calando é como se aprende a oír; oíndo é como se aprende a falar; e logo, falando apréndese a calar." - Dióxenes Laercio
- Semana 36 2016: "A sinceridade é de vidro e a discreción de diamante." - André Maurois
- Semana 37 2016: "A vida é curta de máis como para beber malos viños." - Hubrecht Duijker
- Semana 38 2016: "O ateo non di 'Deus non existe'. O que di é 'Eu non sei o que vostede quere dicir con Deus. Esta palabra non ten un significado claro ou definido para min. Eu non nego a Deus, porque non podo negar aquilo que non consigo concebir, e cuxa concepción polos que defenden a súa existencia é tan imperfecta que non conseguen definirmo." - Charles Bradlaugh
- Semana 39 2016: "Calquera grupo social organizado é sempre un corpo social estratificado. Non existe ningún grupo social permanente que sexa 'plano' e no cal todos os membros sexan iguais." - Pitirim Sorokin
- Semana 40 2016: O pracer e a dor déitanse na mesma cama. Proverbio checo.
- Semana 41 2016: "Unha espada mantén outra na vaíña." - George Herbert
- Semana 42 2016: "En case todas as tarefas relativas ás formas hai millares de elementos que por vontade humana son forzados a traballar en harmonía. Só pola arte se pode alcanzar esa harmonía". - Alvar Aalto
- Semana 43 2016: "A violencia en mans do pobo non é violencia, é xustiza." - Eva Perón
- Semana 44 2016: "A cuestión non é se os animais poden razoar ou falar, senón, poden sufrir?" - Jeremy Bentham
- Semana 45 2016: "Mellor absterse de gobernar o destino dos outros, pois xá é difícil e incerto orientar o propio." - Primo Levi
- Semana 46 2016: "Non se nace muller: chega unha a selo. Ningún destino biolóxico, físico ou económico define a figura que reviste no seo da sociedade a femia humana; a civilización é quen elabora ese produto intermedio entre o macho e o castrado ao que se califica como feminino." - Simone de Beauvoir
- Semana 47 2016: "Acusar os outros polos propios infortunios é un sinal de falta de educación; acusarse a si mesmo mostra que a educación comezou; non acusar nin a un mesmo nin a outros mostra que a educación está completa." - Epicteto.
- Semana 48 2016: "Nós, os pobos da Terra, somos unha gran familia. A nova época ofrece novos retos e novos problemas mundiais, como as catástrofes ambientais, o esgotamento de recursos, conflitos sanguentos e pobreza." - Eduard Shevardnadze.
- Semana 49 2016: "Felicidade é estar absorbido por algo completo e marabilloso." - Willa Cather.
- Semana 50 2016: A sorte e o vidro creban facilmente. Proverbio alemán.
- Semana 51 2016: "Como é costume dicirse, o arquitecto ten que estar atento ao mundo, mais por outro lado, ten que ser unha miga esquizoide. Porque cando ten que deseñar, o mundo é unha folla A4." - Eduardo Souto de Moura.
- Semana 52 2016: "Noite. Oh! Saudade!... A dolorosa rama / Da árbore aflicta polo chan derrama / As follas, como lágrimas... Lembrar!". - Olavo Bilac
2017
editar- Semana 1 2017: "A educación da muller non pode chamarse tal educación, se non doma, pois se propón por finalidade a obediencia, a pasividade e a submisión." - Emilia Pardo Bazán
- Semana 2 2017: "A vida consiste en arder en preguntas." Antonin Artaud
- Semana 3 2017: "Unha alegría vale mil tristezas." Proverbio chinés
- Semana 4 2017: "Goberna tras ter aprendido a ser gobernado." Solón
- Semana 5 2017: "Cada home é unha humanidade, unha historia universal." Jules Michelet
- Semana 6 2017: "A escola é un rito iniciático que introduce o neófito á carreira sagrada do consumo progresivo." Ivan Illich
- Semana 7 2017: "Debemos aprender a odiar os nosos inimigos." Stalin
- Semana 8 2017: "No Sono estamos todos sós e nus, no Sono estamos unidos ao corazón da noite e a escuridade, e somos estraños e fermosos durmidos; estamos morrendo na escuridade, e coñecemos a non-morte, non hai morte ningunha, non hai vida ningunha." Thomas Wolfe
- Semana 9 2017: "A súa virtude era dicir o que pensaba; o defecto, que os pensamentos non valían nada." Peter Ustinov
- Semana 10 2017: "A minoría sempre ten razón." Henrik Ibsen
- Semana 11 2017: "O teu Cristo é xudeu, o teu coche é xaponés, a túa pizza é italiana, a túa democracia é grega, o teu café é brasileiro, as túas vacacións son marroquís, a túa numeración é arábiga, as túas letras son latinas... E aínda te atreves a dicir que o teu veciño é estranxeiro?" -- Anuncio antirracista alemán
- Semana 12 2017: "Os ollos brillan cando penso en toda a alegría, de dar o meu corazón, oh, meu universo magnífico, cando eu soño arboredo da Terra!" -- Birger Sjöberg
- Semana 13 2017: "Nada lle pasa ao home que a súa natureza non sexa capaz de aturar." -- Marco Aurelio
- Semana 14 2017: "Trate ben a Terra. Esta non lle foi doada polos seus pais, foi emprestada para os seus fillos." -- Proverbios africanos
- Semana 15 2017: "A música expresa aquilo que non se pode dicir con palabras mais non pode perdurar en silencio." -- Victor Hugo
- Semana 16 2017: "O sufraxio universal, a máis monstruosa e a máis inicua das tiranías, pois a forza do número é a máis brutal das forzas, non tendo ao seu lado nin a audacia nin o talento." -- Paul Bourget
- Semana 17 2017: "Nós non nos equivocamos. Tan só temos accidentes felices." -- Bob Ross
- Semana 18 2017: "Abandona toda esperanza, aquel que aquí entre." -- Divina Comedia
- Semana 19 2017: "Un cento de veces tódolos días recórdome a min mesmo que a miña vida interior e exterior baséase nos traballos doutros homes, vivos e mortos, e que debo esforzarme para dar na mesma medida na que recibín e sigo recibindo." -- Albert Einstein
- Semana 24 2017: "A primeira regla do Club da Loita é: Non fales do Club da Loita. A segunda regla do Club da Loita é: Non fales do Club da Loita." -- Fight Club
- Semana 25 2017: "A Lei da conservación da enerxía dinos que non podemos conseguir algo a cambio de nada, pero nos negámonos a crelo." -- Isaac Asimov
- Semana 26 2017: "Nunca positivo, sempre negativo." -- Louis van Gaal
- Semana 34 2017: "Quen é sabio, aprende moito cos seus inimigos." Aristófanes
- Semana 42 2017: "Só se pode vencer a natureza obedecéndoa." -- Francis Bacon
- Semana 43 2017: "Unha cousa é ser solidario, e outra é selo a cambio de nada." -- Mariano Rajoy
- Semana 45 2017: "Agora convertinme na Morte, a destrutora de mundos." -- Bhagavad Gita
- Semana 50 2017: EU SON ... BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña
2018
editar- Semana 11 2018: Non teño medo á morte, pero non estou ansioso por morrer. Teño moito que facer antes. Stephen Hawking
- Semana 20 2018: Eu e Ti fixeron o amor en silencio e parecía que non estaban neste mundo. Cos olliños entornados, ela miraba para o norte e el miraba para o sur: un río de emoción doce e brillante percorría os seus corpos, que eran soamente un, mentres o seme del se ía vertendo na vaxina dela. — María Victoria Moreno, en O amor e as palabras.
- Semana 21 2018: Se tivese nacido en Somalia, estaría morta e probablemente antes de morrer tería oito fillos e pasaría a terrible experiencia de ver morrer de fame a dous deles. Eu vínlle as orellas á morte, pero non era moi fea e non me asustou. — María Victoria Moreno.
- Semana 22 2018: Fariña quédase moi curta. É coma se fas unha serie da mafia e pos aos personaxes a roubar nun supermercado. — José Antonio Vázquez Taín.
- Semana 23 2018: Eu don Alfonso porla gratia de Deus Rey de Leon a vos omes [do boo Burgo?], assy aos presentes como aos que an de víír, et a vossos fillos et a toda vossa generacion faço karta de donacion et texto de firmidũe, et dou a vos foros en que sempre vivades. — Afonso VIII de León e Galicia.
- Semana 26 2018: Vaia o meu fondo, pero moi fondo, o mais fondo que pode ser un sentimento de agradecido, pero reparen que eu non son merecente de semellante lembranza, lembranza nominal de rúa, non, porque eu non fixen mais que cumprir con unha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade. — Antón Fraguas
- Semana 27 2018: O galeguismo político deixeino totalmente. A política non me gusta, e emporiso non tomo parte nela. No eido cultural, sempre procurei ensina-las cousas de Galicia. Houbo rapaces que souberon por min que Galicia tiña ríos, fíxenlles esperta-lo interese por conceptos coma a economía do seu pobo, dos que antes nin oíran falar. E con ese labor seguín. — Antón Fraguas.
- Semana 43 2018: A cousa parece fatal e irremediable: de vez en cando xurde un señorito sin moito que facer e ganas de chamar sobre si a atención dos demais i en vez de porse unha de esas camisas detonantes, que afora levan os "snobs" e das que foi un precursor o "Divino Hojalatero", dálles por agarrar a pruma, do xeito dunha vasoira, e póñense a esbardallar. ¿Contra qué? ¡Pois contra qué había de ser, meu santo!; contra do idioma galego; que é o que ten a culpa de cantos males ocurren na nosa terra, dende o esgarabello da patata ata a falla das sardiñas, que foxen das nosas costas por non escoitar falar en galego ós mariñeiros. O día que saian ó mar falando en señorito, ás sardiñas caeráselles a baba e meteranse nas redes feitas unhas parviñas e dicindo pró seu escamallo: "Istes si que son mariñeiros cultos e non os que falan esa xerga do galego". — Ben-Cho-Shey.
- Semana 44 2018: "A abella preto do monte, con fonte e casa abrigada, produce mel e cera dobrada". — Proverbio portugués
- Semana 45 2018: Ao falar deste meu vello e querido pobo, coido que sería ridículo facelo noutra fala que non fose a mesma del, a que decote lle serviu para as súas necesidades. — Gonzalo López Abente
- Semana 48 2018: O nome de Santiago Casares Quiroga será borrado de tódolos rexistros e, sendo indigno de figurar no rexistro de nacementos que se leva nos Xulgados municipais, constituídos por seres humanos e non por alimarias do nome de Santiago Casares Quiroga, someto á súa consideración a procedencia de que se cursen as ordes oportunas para que o folio oprobioso do Rexistro Municipal desta cidade no que se acha inscrito o seu nacemento se faga desaparecer. Neste sentido comunicarame V. E. a prestación desta obrigada homenaxe á España Unha, Grande e Libre de Franco. No acta do Colexio de Avogados e en cantos libros figure o nome repugnante de Santiago Casares Quiroga deberá procederse, así mesmo, para que as xeracións futuras non atopen máis vestixio seu que a súa ficha antropolóxica de fuxido. Deus Garde a vostede moitos anos. A Coruña, 26 de novembro de 1937. O Gobernador Civil, José María de Arellano.
- Semana 49 2018: Wikiquote:Cita da semana/49 2018
- Semana 50 2018: Wikiquote:Cita da semana/50 2018
- Semana 51 2018: Wikiquote:Cita da semana/51 2018
- Semana 52 2018: Wikiquote:Cita da semana/52 2018
Notas
editar- ↑ Día das Letras galegas