Xela Arias

escritora, tradutora e profesora galega

Xela Arias Castaño (Lugo 1962 - Vigo 2003), foi unha poeta e tradutora galega.

Xela Arias
Xela Arias
Xela Arias
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons




Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro.

—Xela Arias, Non te amola! (2021, Galaxia).


Hai xa certa cantidade de anos, non sei cantos, estaba eu na miña casa de Xemil e tiven unha idea: ir viaxar e explorar o mundo.

—Xela Arias, "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" (1974).[1]


Compártome
Sei que no lonxe das parábolas das frases
Cortadas e os puntos a parte son só
Medos escorrentados polo teu corpo
Soberano dunha idea poderosa que
Tal vez suceda e eu non saiba quen es ti
Cando te agardo.

—Xela Arias, Denuncia do equilibrio (1986, Xerais).


Dei volta e preferín
beber
pola cidade adiante, nas horas á noite,
mentres ti morres cando dormes.

—Xela Arias, Tigres coma cabalos (1990, Xerais).


   Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán
das narracións para o ano en que nacín.

—Xela Arias, Darío a diario (1996, Xerais).


Tal confundes verso e palabra
así che estrago os pronomes
Obrígate a traballo novo,
que tamén ti pínta-lo cadro que axexas.
Pintura de caracteres
no fascinio do convencional,
se che convén.

—Xela Arias, Intempériome (2003, Espiral Maior).


Sobre ela

editar
  • "... Entre músicas e muxicas soaban os teus versos; ti recitabas e eu tentaba descifrar a linguaxe deses teus ollos inconformistas, provocadores desertores, rebeldes, saboteadores, transgresores, ousados, acusadores, suxestivos, sabios, directos, verdadeiros, concisos, curiosos, aventureiros, profundos, sedutores, valentes, francos, tenros...". — Fina Casalderrey: "Ao teu aire".[2]
  • "... as reescrituras do corpo, o tratamento pouco convencional do tema da maternidade e o poderoso e suxeito feminino, indómito e ousado, construído en Intempériome son tres legados importantes para as autoras feministas actuais.". — Chus Nogueira.[3]
  1. "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" en Contos dos nenos galegos, premiados nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural O Facho, 1968-1983 (1984, Caixa Galicia)
  2. Arias López, Valentín, coord. (2004): Xela Arias, quedas en nós, Vigo, Xerais e AELG, ISBN 84-9782-242-0.
  3. Nogueira, Chus (22/2/2019). A poesía non debe, segundo Xela Arias, ser condescendente nin reflectir falsos equilibrios ou visións edulcoradas da realidade. Praza.gal. Interview with Dopico, Montse. Consultado o 23/2/2019. 
  NODES
Idea 2
idea 2
todo 1