Grafías semellantes:     A ,    Å ,    á ,    à ,    a. ,    a- ,    -a ,    æ ,    А ,    а

Convencións e grafías

  Grafía

a

  1. Definición impropia: Letra do alfabeto latino, primeira do galego. O seu nome é a e en galego grafa o fonema vocálico aberto /a/.

  Símbolo

  1. Definición impropia: (Metroloxía) Símbolo do prefixo técnico atto-.
  2. Definición impropia: (Metroloxía) Símbolo da área (unidade de superficie).

Véxase tamén

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «a».

a1

  Preposición

a

  1. Definición impropia: Introduce o complemento indirecto e, ás veces, o directo cando este se refire a persoas.
    • Exemplo: Deulle unha patada a unha pedra.

    • Exemplo: Dilles aos rapaces que marchen.

    • Exemplo: Vin a túa nai.

  2. Definición impropia: Pode indicar dirección, fin, ou o termo dunha acción ou dun movemento.
    • Exemplo: Vai á vila.

    • Exemplo: Levárono ao médico.

    • Exemplo: Marcharon a dumir nun hotel.

  3. Definición impropia: Emprégase para expresar localización espacial ou temporal.
    • Exemplo: Está á man dereita.

    • Exemplo: Petou á porta.

    • Exemplo: Chegou á noitiña.

  4. Definición impropia: Úsase para indicar exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos.
    • Exemplo: Estar ao frío.

    • Exemplo: Estar ao resío.

    • Exemplo: Estar á xeada.

  5. Definición impropia: Marca intervalos espaciais e temporais.
    • Exemplo: Abre de catro a oito da tarde.

    • Exemplo: De aquí á casa hai cen metros.

  6. Definición impropia: Utilízase para indicar prezo, cantidade ou distribución proporcional.
    • Exemplo: Vende todo a vinte pesos.

    • Exemplo: Saímos a dúas mil por cabeza.

    • Exemplo: As cereixas van a dous euros.

  7. Definición impropia: Emprégase para expresar modo, procedemento, método, medio ou instrumento.
    • Exemplo: Cóseo á man.

    • Exemplo: Foi a pé.

    • Exemplo: Están xogando á pelota.

    • Exemplo: Levouno ao lombo.

  8. Definición impropia: Pode significar 'en relación con', 'en canto a'.
    • Exemplo: Non sei qué dicir a isto.

  9. Definición impropia: Úsase a miúdo ante infinitivo formando parte ou non dunha perífrase verbal.
    • Exemplo: Botou a correr.

    • Exemplo: Está empezando a chover.

    • Exemplo: Estaba a falar con ela.

    • Exemplo: Estábanos a dicir que si e eles que non.

    • Poema: A Rosalía de Luís Pimentel, (Sombra do aire na herba, Vigo: Galaxia, 1959).

Observacións

  • Esta preposición contrae co artigo determinado dando as formas ao / ó, aos / ós, á, ás.
  • Debe evitarse o uso en galego da preposición a ante infinitivo con valor de finalidade, pois é un galicismo innecesario. Substitúese polas por ou para: prêt-à-porter, "listo para levar".

a2

  Artigo

a (sg: a; pl: as)

  1. Definición impropia: Artigo determinado feminino.

Traducións

  Pronome

a (sg: a; pl: as)

  1. Definición impropia: Pronome persoal de terceira persoa acusativo feminino.

a3

  •   Pronuncia: [ˈa] (AFI)

  Substantivo masculino

a (sg: a; pl: as)

  1. Definición impropia: Nome da letra «a» ou «A», que en galego grafa o fonema vocálico aberto e central /a/.

Traducións


Castelán

  Substantivo feminino

a (sg: a; pl: aes)

  1. A.


Catalán

  Preposición

a

  1. En.


Inglés

a1

  •   Pronuncia: /eɪ/(tónico), /ə/ (non tónico) (AFI)

  Artigo

a

  1. Un, unha.

Observacións

  • Cando o artigo precede a unha palabra que comeza por vogal ou, ás veces, por «h», emprégase a forma an.

a2

  Substantivo

a (sg: a; pl: aes)

  1. A.
  NODES
INTERN 1
todo 3