Substantivo masculino
- (Anatomía) Cótilo do óso ilíaco, que recibe a cabeza do fémur na articulación coxofemoral.
- (Anatomía) Por extensión, calquera cavidade cotiloide.
- (Bioloxía) Calquera articulación, órgano, orgánulo ou cavidade en forma de cunca larga e de pouco fondo.
- (Micoloxía) Receptáculo esporífero dos fungos.
- (Zooloxía) Escavación dunha cuncha ou dun polípero, na que o animal está fixado.
- (Zooloxía) Cavidade na parte externa do tórax dos insectos onde se insire a pata traseira.
- (Zooloxía) Ventosa dos moluscos cefalópodos.
- (Zooloxía) Ventosa posterior dos vermes hirudíneos, como as samesugas.
- (Zooloxía) Cavidade na proglote das tenias parasitas do home, que actúa como ventosa.
- (Zooloxía) Ventosa que forman as aletas pectorais dalgúns peixes, como os gobiesócidos ou peixes lapa.
- (Zooloxía) Estrutura lobular que presenta a placenta dos ruminantes.
Traducións