Grafías semellantes:     Ádega

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «adega».
  •   Pronuncia: /a.ˈde.ɡa/, /a.ˈde.ha/ (AFI)

  Substantivo feminino

adega (sg: adega; pl: adegas)

  1. Lugar onde se almacena e cría o viño.
    • Sinónimos: bodega.
    • Exemplo: O que vai á adega e non bebe, iso máis perde.

  2. Cuarto fresco dunha casa onde se almacena o viño e outras bebidas, normalmente, para consumo propio.
  3. Sitio onde se fai viño.
  4. Espazo público en que se serve viño.
  5. Lugar en que se almacenan produtos comestibles.

Traducións

  NODES
todo 1