aguia rapaz
Galego
aguia rapaz (sg: aguia rapaz; pl: aguias rapaces)
- (Ornitoloxía) Ave rapina, da familia accipitridae, de tamaño grande, de aspecto externo moi semellante o da aguia das estepas. Miden entre 62 e 72 cm. de lonxitude, cunha envergadura de ás de entre 165 e 185 cm. O seu cor varia entre diversos matices do castaño, máis leonado na parte inferior e con plumas anegradas na cola e as ás. A parte inferior do lombo é moi pálida. Son algo máis pequenas e pálidas cá aguia das estepas da que se diferencian ademais por carecer de tons pálidos na gorxa. As aves inmaturas teñen a plumaxe menos contrastada cós adultos, aínda que amosan unha grande varieadade de tons. A súa chamada característica recorda algo a do corvo, pero son en xeral aves silenciosas, agás durante o cortexo.