alcanzar
Galego
- Pronuncia: [al.kanˈθaɾ] (AFI)
alcanzar
alcanzar
- Chegar ata alí onde está [algo ou alguén que está afastado].
- Chegar ata alí onde está [algo ou alguén que vai diante].
- Poder coller ou tocar [algo que está a certa distancia].
- Coller e achegar ou entregar [a alguén] [algo fóra do seu alcance].
- Chegar a ter [algo que se desexaba ou se considera desexable].
- Ir dar [un proxectil] en [algo ou alguén].
- Chegar [algo ou alguén] ata [certa distancia, límite ou punto].
- Sinónimos: acadar.
Traducións
- Castelán: alcanzar (es) (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7), coger (es) (2), lograr (es) (5), pillar (es) (2).
- Francés: atteindre (fr) (1, 3, 5, 7), prendre (fr) (2).
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
Infinitivo | alcanzar |
Xerundio | alcanzando |
Participio | alcanzado, alcanzada, alcanzados, alcanzadas |
1 Vostede(s) |
Castelán
alcanzar
- Acadar, alcanzar (chegar ata algo afastado).
- Alcanzar, cazar, coller, pescar, pillar (chegar ata o que vai diante).
- Abranguer, acadar, alcanzar, atanguer, atinxir (coller ou tocar algo distante).
- Alcanzar (coller e achegar ou entregar a alguén algo fóra do seu alcance).
- Acadar, alcanzar, conseguir, lograr, obter (chegar a ter).
- Alcanzar (dar un proxectil en algo ou alguén).
- Acadar, alcanzar (chegar ata certa distancia, límite ou punto).