Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «animal».
 
Vaca rubia galega
  •   Pronuncia: /a.niˈmal/ (AFI)

  Adxectivo

animal (sg: animal; pl: animais)

  1. (Zooloxía) Pertencente ou relativo aos animais (seres vivos).
  2. (Coloquial) Califica unha persoa groseira e vulgar.
    • Exemplo: Non sexas animal!

    • Sinónimos: groseiro.
  3. Que emprega a súa forza de xeito desmedido.

  Substantivo masculino

animal (sg: animal; pl: animais)

  1. (Zooloxía) Ser vivo e orgánico que se move polo seu propio impulso.
  2. Especie irracional.
  3. (Coloquial) Persoa groseira.
  4. Persoa que emprega a súa forza de xeito desmedido.

Traducións

Castelán

  Substantivo masculino

animal (sg: animal; pl: animales)

  1. (Zooloxía) Animal.
  2. Animal, besta (especie irracional).
  3. Animal, besta groseiro (persoa groseira).
  4. Animal, besta (persoa que emprega a súa forza de xeito desmedido).

Francés

  Substantivo masculino

animal (sg: animal; pl: animaux)

  1. (Zooloxía) Animal.
  2. Animal, besta (especie irracional).
  3. Animal, besta groseiro (persoa groseira).
  4. Animal, besta (persoa que emprega a súa forza de xeito desmedido).


Inglés

  •   Pronuncia: /ˈænəməl/ (AFI)

  Substantivo

animal (sg: animal; pl: animals)

  1. (Zooloxía) Animal.
  2. Animal, besta (especie irracional).
  3. Animal, besta groseiro (persoa groseira).
  4. Animal, besta (persoa que emprega a súa forza de xeito desmedido).


Portugués

  Substantivo masculino

animal (sg: animal; pl: animais)

  1. (Zooloxía) Animal.
  2. Animal, besta (especie irracional).
  3. Animal, besta groseiro (persoa groseira).
  4. Animal, besta (persoa que emprega a súa forza de xeito desmedido).
  NODES
os 23
todo 1