Galego

  •   Pronuncia: [ apaɾˈtaɾ ] (AFI)

  Verbo transitivo

apartar

  1. Cambiar [algo] de lugar para deixar libre o lugar que ocupaba.
  2. Facer que [algo] deixe de dirixirse a algures.
  3. Situar [algo] a certa distancia.
  4. Facer que [alguén] deixe unha forma de vida, ou deixe de realizar un tipo de actividade.
  5. Facer que [alguén] deixe de pasar tempo con outra ou outras persoas.
  6. Romper a relación entre [unhas persoas] no plano afectivo, ideolóxico, etc.
  7. Facer que [alguén] deixe de ter parte nun herdo ou sociedade mediante unha indemnización.
  8. Deter unha discusión ou pelexa entre [varias persoas].
    • Exemplo: Apártaos antes de que se maten!

    • Sinónimos: separar.
  9. Poñer [algo] de maneira separada.

Traducións

Conxugación

  NODES
todo 2