Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «banda».
  •   Pronuncia: [ˈban.dɐ] (AFI)

banda1

  Substantivo feminino

banda (sg: banda; pl: bandas)

  1. (Crime) Conxunto de persoas que cometen un delito de maneira organizada.
  2. (Música) Conxunto de instrumentistas que tocan e actúan xuntos.
  3. (Música) Banda de música.

Traducións

banda2

  Substantivo feminino

banda (sg: banda; pl: bandas)

  1. Cada parte lateral de certas cousas, paralela a unha liña central imaxinaria, cun bordo externo.
  2. Bordo do terreo que limita ambos os dous lados dun río.
  3. Zona do interior dun terreo de xogo próxima aos seus límites laterais.
  4. (Mariña) Cada metade simétrica dunha embarcación.
  5. (Pesca) Peza de rede dalgúns aparellos.
  6. Lugar indeterminado que se atopa próximo a un lugar que se expresa.

Traducións

Termos relacionados

banda3

  Substantivo feminino

banda (sg: banda; pl: bandas)

  1. Fita que pode ser de diversos materiais, de bordos paralelos, máis longa que ancha, que destaca onde vai colocada.
  2. Tea en forma de tira, que atravesa o peito, desde o ombreiro até o costado oposto, como insignia dalgunha honra ou cargo.
  3. Aquilo que ocupa un espazo longo e estreito.
  4. Liña ou debuxo longo e estreito.
  5. (Heráldica) Fita dun escudo, que vai desde a parte superior dereita até a inferior esquerda.
  6. (Anatomía) Formación anatómica longa e estreita.
  7. (Arquitectura) Moldura longa e estreita.
  8. (Física) Intervalo de valores dunha dunha magnitude física.
  9. (Bioloxía) Zona escura que hai no sarcómero.
  10. (Pesca) Peza da rede dunha arte de arrastre de fondo.
  11. Bordo que rodea unha táboa de billar.
  12. (Medicina) Tecido adhesivo cun pouco de gasa e en ocasións algún medicamento, para poñer sobre pequenas feridas.

Termos relacionados

banda4

  Substantivo masculino

banda (sg: banda; pl: bandas)

  1. Pobo da República Centroafricana.
  2. (Xentilicio) Individuo deste pobo.
  3. (Linguas do mundo) Lingua níxer-congo deste pobo.

  Adxectivo

banda

  1. Relativo ou pertencente a este pobo.
  NODES
Done 1