Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «branco».
 
Imaxe da cor branca
  •   Pronuncia: /ˈbɾaŋko̝/ (AFI)

  Adxectivo

branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)

  1. De cor branca.
    • Exemplo: Tiña o rostro branco coma a neve.

  2. De cor tan clara que semella branca.
    • Exemplo: O leite é un líquido branco de sabor doce, viño branco.

  3. Aplicado ós peixes, dise dos que teñen un contido en graxa do 2% ou menos, o que representa unha achega de menos de 100 calorías por 100 gramos.
    • Termos relacionados: azul (peixe).
  4. Aplicado ás carnes, dise das de polo ou coello, en contraposición coa carne vermella do vacún ou porco.
  5. Aplicado ó pan, dise do feito con fariña triga, en contraposición ó pan moreno (feito con fariña centea) ou á boroa (con fariña milla).
  6. Caldo resultado da cocción de carne ou ósos, sen graxa nin outros ingredientes.
    • Exemplo: Prepáralle un caldo branco e xa verás que ben lle acae.

  7. Refirido á raza humana, de pel de cor clara.
    • Exemplo: As persoas de raza branca son máis sensibles ós efectos nocivos do sol.

    • Sinónimos: caucásico.
    • Observacións: U. t. c. s.: Os brancos asoballaron os negros sistematicamente.

Traducións

  Substantivo masculino

branco (sg: branco; pl: brancos)

  1. Cor formada pola reflexión de tódalas lonxitudes de onda visibles e, polo tanto, que reflicte toda a luz. A cor da neve.
    • Exemplo: O branco da parede está tan sucio que ata semella gris.

  2. Obxectivo, punto ó que se dirixe o disparo dunha arma de fogo, seta, pedra, etc.
  3. (Alimentación) Viño branco.

Termos relacionados

Locucións substantivas

  • arma branca: dise dos coitelos, espadas e armas de fío semellantes. As feridas de arma branca deben ser comunicadas ó xuíz.
  • branco da árbore: a parte do tronco das árbores inmediatamente debaixo da cortiza.
  • branco da uña: franxa abrancazada, curvada, na base das uñas.
  • branco do ollo: zona branca do ollo -esclerótica- en contraposición ó iris, que é a zona central coloreada.
  • branco do ovo: clara do ovo.
  • branco e negro: sistema de impresión, cine ou televisión que só utiliza estas cores e as variacións de gris. Gústanme especialmente as fotos en branco e negro.
  • roupa branca: dise da roupa ou tecido, usualmente sen tinxir, que se usa como roupa interior, nas camas, mantelerías, etc.

Locucións verbais

Locucións de modo

  • en branco: sen imprimir. Houbo un fallo na impresora e quedaron varias páxinas en branco.
  • en branco: sen capacidade de pensar ou reaccionar. Quedouse en branco e non soubo que facer.
  • sen branca: sen diñeiro [1]. Por non ter tino quedouse axiña sen branca

Notas

  1. A branca era unha moeda que houbo hai tempo.

Traducións


Galego-portugués

  Adxectivo

branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)

  1. Branco.

Descendentes


Portugués

  Substantivo masculino

branco (sg: branco; pl: brancos)

  1. Branco.

  Adxectivo

branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)

  1. Branco.
  NODES
Done 1