Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «córvidos».
  •   Pronuncia: /ˈkɔɾ.βi.dos/ (AFI)
 
Corvo común, Corvus corone.
 
Pega común, Pica pica.
 
Pega azul, Cyanopica cyanus.
 
Gralla de bico vermello, Pyrrhocorax pyrrhocorax.
 
Gaio, Garrulus glandarius.

  Substantivo masculino plural

córvidos

  1. (Ornitoloxía) Familia de aves paseriformes de tamaño mediano ou grande, bico xeralmente forte e alongado, algo curvado no extremo, ás longas e acabadas en punta, patas robustas e plumaxe brillante, normalmente de tonalidades escuras; o seu réxime alimentario é }}omnívoro}}. Comprende 32 xéneros con algo máis de 100 especies distribuídas por todo o mundo, agás as zonas polares, o cono sur do continente suramericano e Nova Celandia. Os xéneros máis coñecidos son Corvus (os corvos e algunhas grallas), Pica (a pega común), Cyanopica (a pega azul) e Pyrrhocorax (case todas as grallas ou choias).

Termos relacionados

Traducións

  NODES
orte 1