Galego

  •   Pronuncia: /ˈθɛɣo̝/ (AFI)

  Adxectivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Que está privado da vista.
    • Exemplo: Na esquina había un home cego vendendo o cupón.

    • Sinónimos: invidente.
  2. (Anatomía) Que remata en forma de saco. Dise da estrutura anatómica.
    • Exemplo: Conduto cego. Intestino cego.

  3. (Figurado) Que perdeu a capacidade de razoar con sentido.
  4. (Figurado) Que causa unha forte impresión.
  5. (Figurado) Que ten o gume estragado. Dise dun instrumento cortante, como unha navalla, un coitelo, un fouciño, etc.
    • Exemplo: A navalla está cega de tanto uso.

    • Sinónimos: gafado.

  Substantivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Privado da vista.
    • Exemplo: Na esquina había un cego vendendo o cupón.

    • Sinónimos: invidente.
  2. (Anatomía) Primeira porción do intestino groso, situada entre o íleo e colon.
    • Exemplo: O cego está comunicado co intestino delgado a través da válvula ileocecal.

Termos relacionados

Traducións


Galego-portugués

  Adxectivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Cego.

  Substantivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Cego.


Portugués

  Adxectivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Cego.

  Substantivo

cego (ms: cego; mpl: cegos; fs: cega; fpl: cegas)

  1. Cego.
  NODES
orte 1
Todos 1