Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cor».
 
Lapis de cores
  •   Pronuncia: /ˈkoɾ/ (AFI)

  Substantivo feminino

cor (sg: cor; pl: cores)

  1. (Física) Propiedade da luz de producir determinadas impresións no sentido da vista, dependendo da súa composición espectral.
    • Exemplo: O ton é un dos parámetros empregados para cuantificar a cor

      .
  2. Cada unha desas impresións, diferentes entre si, que recibe o sentido da vista.
    • Exemplo: As cores do arco da vella. O azul é unha das cores fundamentais

      .
  3. Conxunto de cores combinadas nalgunha cousa.
    • Exemplo: Para ese pintor a cor é moi importante

      .
  4. A cor rosa ou vermella do rostro humano.
    • Exemplo: Estaba pálido pero con tres días no campo xa recobrou a cor

      .
  5. (Figurado) O que anima ou interese a algo.
    • Exemplo: As actuacións dos cantantes danlles cor ás festas

      .
  6. (Figurado) Aspecto ou aparencia das cousas segundo as circunstancias.
    • Exemplo: Este asunto está adquirindo unha cor dramática

      .
  7. (Política) Tendencia política ou ideolóxica.
    • Exemplo: Sexa cal sexa a súa cor, ten que aceptar o erro ocorrido

      .

Sinónimos

Termos relacionados

  Substantivo feminino plural

  1. Combinación de cores que serven como distintivo dun club ou equipo.
    • Exemplo: Durante moitos anos defendeu as cores do Deportivo da Coruña.


Traducións


Catalán

  Substantivo masculino

cor (sg: cor; pl: cors)

  1. (Anatomía) Corazón.
    • Exemplo: El cor em bategava fort, després de la carrera.


Occitano antigo

  Substantivo masculino

cor (sg: cor; pl: cors)

  1. (Anatomía) Corazón.

Descendentes


Portugués

  Substantivo feminino

cor (sg: cor; pl: cores)

  1. Cor.
  NODES
Done 2