Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corpo».
 
Corpos humanos de adultos:
feminino (esq.) e masculino (der.)
  •   Pronuncia: /ˈkoɾ.po̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

corpo (sg: corpo; pl: corpos)

  1. Calquera porción de materia ou calquera obxecto material.
    • Exemplo: A irritación do ollo debeuse á introdución dun corpo estraño.

  2. (Anatomía) Parte material completa dun animal ou dun ser humano.
    • Exemplo: Fumar non é bo para o corpo.

  3. Figura externa que presenta unha persoa.
    • {{exemplo|Esa moza ten un corpo moi bonito.
  4. Cadáver dunha persoa.
    • Exemplo: Funeral de corpo presente.

  5. Parte principal de algo.
    • Exemplo: O corpo do edificio estaba adorndo co estatuas.

  6. Consistencia, densidade, estrutura, etc., dunha substancia.
    • Exemplo: Este viño tinto ten moi bo corpo.

  7. Conxunto de individuos que realizan unha mesma actividade.
    • Exemplo: O corpo docente da universidade.

  8. Tamaño do tipo de letra dun texto impreso.
    • Exemplo: O texto estaba escrito en letra redonda do corpo dez.

Termos relacionados

a corpo, corpo a corpo, corpo a terra, corpo amarelo, corpo caloso, corpo cavernoso, corpo composto, corpo de baile, corpo de doutrina, corpo de exército, corpo de garda, corpo do delito, corpo electoral, corpo esponxoso, corpo estraño, corpo estriado, corpo glorioso, corpo legal, corpo lúteo, corpo morto, corpo negro, corpo sen alma, corpo simple, corpo vertebral, corpos cetónicos, de corpo enteiro, de corpo presente, en corpo e alma, espello de corpo enteiro, facer de corpo, misa de corpo presente, pedirlle a alguén o corpo algo, tomar corpo.

Véxase tamén

organismo

Traducións


Italiano

  Substantivo masculino

corpo (sg: corpo; pl: corpi)

  1. (Anatomía) Corpo.
  2. Corpus.
  NODES
Done 1