costelar
Galego
- Pronuncia: /kostɛˈlaɾ/ (AFI)
costelar
singular | plural |
costelar | costelares |
- (Anatomía) Parte do corpo que está sobre as costelas.
- Sinónimos: costeleiro.
- (Anatomía) Conxunto de costelas.
- Sinónimos: costeleiro.
- (Alimentación) Conxunto de costelas dunha res de abasto, unidas polos músculos intercostais.
- Sinónimos: costeleiro, entrecosto.
- Observacións: O costelar está formado pola parte inferior das primeiras costelas, unidas polos músculos intercostais e mais a musculatura que cobre a rexión, rica en graxa. A parte superior das costelas quedou adherida ás costeletas e a parte inferior, unida ó esterno, forma parte da peza chamada peito. As costelas posteriores poden ir formando parte da peza chamada faldra.
- Exemplo: Hoxe faremos xamón asado, e o domingo faremos un churrasco co costeleiro.