Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «deseño».
 
Cubertos deseñados pola arquitecta e deseñadora Zaha Hadid (2007). A parte final lixeiramente oblicua do garfo e das culleres, así como o mango do coitelo, son exemplos de deseño tanto para a forma estética como para a función práctica
  •   Pronuncia: /de.se.ˈɲo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

deseño(sg: deseño; pl: deseños)

  1. Representación gráfica dun obxecto mediante liñas, debuxos ou fotografías cun fin artístico ou para a súa venda.
    • Exemplo: O arquitecto rematou o deseño do edificio. O moidisto realizou uns deseños moi elegantes.

  2. Concepción orixinal dun obxecto ou obra destinados á produción en serie.
    • Exemplo: Deseño de modas. Deseño industrial. Presentou á directiva os deseños dos automóbiles.

  3. Proxecto ou plan que configura algo.
    • Exemplo: O arquitecto municipal presentou ao alcalde o deseño urbanístico do novo barrio.

  4. Forma dun obxeto deseñado.
    • Exemplo: O deseño desta cadeira é de inspiración modernista.

  5. Disposición de tachas, cores ou debuxos que caracterizan no exterior a diversos animais e plantas.
    • Exemplo: O deseño raiado das cebras e do tigre

      .
  6. Descrición ou bosquexo verbal de algo.
    • Exemplo: O Goberno autonómico aínda non ten preparado o deseño da súa nova política forestal.

Termos relacionados

deseño curricular, deseño industrial, deseño de moda, deseño de programas, deseño gráfico, deseño web

  NODES
todo 1