Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «doela».
 
As doelas do arco central do Pórtico da Gloria están esculpidas cos vintecatro anciáns da Apocalipse

  Substantivo feminino

doela (sg: doela; pl: doelas)

  1. (Arquitectura) Perpiaño en forma de cuña truncada que, disposto radialmente, conforma un arco ou bóveda.
    • Exemplo: Algunhas doelas reciben nome de seu: clave (a central), saimel (a primeira de cada lado).

    • Termos relacionados: clave, saimel, intradorso, extradorso
  2. (Agricultura) Cada unha das táboas coas que se fabrica un tonel.
  3. (Arquitectura) Cada unha das pedras coas que se levantan as paredes dun hórreo.

Traducións

  NODES