Galego

  •   Pronuncia: /fɛ.ˈkuŋ̍.ðo̯/ (AFI)

  Adxectivo

fecundo (ms: fecundo; mpl: fecundos; fs: fecunda; fpl: fecundas)

  1. Que procreou.
    • Exemplo: A vaca nova xa tivo unha cría, é fecunda.

  2. Que se reproduce ou procrea con facilidade ou abundantemente.
    • Exemplo: Os coellos son animais moi fecundos.

  3. Fértil, que produce moita vexetación ou fai posíbel o seu desenvolvemento.
    • Exemplo: Terra fecunda. O fecundo Nilo.

  4. Cheo, con abundancia.
    • Exemplo: Os séculos XIX e XX foron fecundos en bos escritores. Foi unha xornada fecunda de acontecementos.

  5. Que crea abundantes obras ou produce bos resultados.
    • Exemplo: Un escritor fecundo. Unha idea fecunda.

Sinónimos

feraz, fértil, frutífero, produtivo

Antónimos

estéril, improdutivo, infértil, infrutífero

  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1