letra
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués letra, letera, do latín littĕra.
- Pronuncia: /ˈletɾa̝/ (AFI)
letra (sg: letra; pl: letras)
- Símbolo gráfico dun alfabeto.
- Cada un dos fonemas que estes símbolos poden representar.
- Forma característica que ten cada persoa de escribir.
- Versos que compoñen a parte vocal dunha canción.
- Interpretación literal dun grupo de palabras ou texto, como pode ser unha lei.
- Documento mercantil polo que unha persoa (librado) comprométese ante outra (librador) a pagar unha certa cantidade de diñeiro a outra (beneficiario).
- Sinónimos: letra de cambio.
Termos relacionados
- letras
- ao pé da letra
- letra bastarda
- letra capital
- letra capitular
- letra carolinxia
- letra chanceleresca
- letra cortesá
- letra cursiva
- letra de caixa alta
- letra de caixa baixa
- letra de cambio
- letra de médico
- letra gótica
- letra grosa
- letra historiada
- letra inglesa
- letra itálica
- letra maiúscula
- letra minúscula
- letra morta
- letra procesual
- letra redonda
- letra superior
- letra supraescrita
- letra uncial
- letra versal
- letra versaleta