Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «medicina».
  •   Pronuncia: /mɛðiˈθina̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

medicina (sg: medicina; pl: medicinas)

  1. (Medicina) Ciencia que ten por obxecto curar e prever as enfermidades.
    • Exemplo: Estudiou medicina mais non exerce.

    • Exemplo: Hoxe en día a medicina está moi adiantada.

  2. Medicamento, menciña.
    • Exemplo: Entrou na farmacia para mercar unhas medicinas.

    • Sinónimos: fármaco.
    • Termos relacionados: remedio.
  3. (Figurado) Aquilo que fai desaparecer algún mal espiritual.
    • Exemplo: A mellor medicina para os teus problemas é saíres por aí a te divertir.

    • Sinónimos: menciña.

Termos relacionados

Traducións

  NODES
todo 1