Galego

  •   Pronuncia: /ɔ.'pɔs.to̯/ (AFI)

Participio
oposto (ms: oposto; mpl: opostos; fs: oposta; fpl: opostas)

  1. (Gramática) Participio dos verbos opoñer e opor.

  Adxectivo

oposto (ms: oposto; mpl: opostos; fs: oposta; fpl: opostas)

  1. Que está en fronte de algo ou de alguén.
    • Exemplo: Daquela parte vivo eu; do lado oposto, miña irmá. Polos opostos. Cargas opostas

      .
  2. Cousa ou persoa que está en contraste ou oposición con outra.
    • Exemplo: Cores opostas. Teñen gustos opostos. Son opostos en ideas.

  3. Que manifesta o seu desacordo con algo, que lle fai fronte ou que se opón.
    • Exemplo: Ela é totalmente oposta á violencia.

  4. (Botánica) Dito dunha parte dunha planta, como unha folla, unha flor ou unha póla, que nace fronte doutra.
    • Exemplo: Follas opostas

      .
  5. (Matemáticas) Dito dun número con respecto doutro, que sumado con este como resultado cero.
    • Exemplo: 3 é oposto a -3

      .

Observacións

Termos relacionados

ángulos opostos polo vértice

  NODES